Arquivo da categoría: Antón Riveiro

A ficción do poder. A historia corrixida

PODERAntón Riveiro Coello. O malo é cando a historia é, na súa meirande parte, imaxinación, e as súas pautas son as do poder que corrixe o pasado coa ficción. É evidente que nos comezos de cada novela, mesmo das máis realistas, está o desexo de mudar a historia, máis que de contala. Na mesma palabra hai xa un disfrace. Tampouco é menos certo que a realidade, que sempre é plural, nunca poderá ser representada dun xeito obxectivo Seguir lendo A ficción do poder. A historia corrixida

O tempo na historia e na literatura (II)

tempo3Antón Riveiro Coello. Outros dos efectos do tempo sobre unha obra é o anacronismo, tanto histórico como lingüístico. O histórico daríase naqueles casos nos que unha indebida información da época nos leva a cometer erros de vulto tales como que os pobos castrexos comían patacas ou que na época de Prisciliano o noso país estaba sementado de millo.  Seguir lendo O tempo na historia e na literatura (II)

O tempo na historia e na literatura (I)

tempo1Antón Riveiro Coello. Vargas Llosa di que a soberanía dunha novela non resulta só da linguaxe na que está escrita, senón tamén do seu sistema temporal, da maneira como discorre nela a existencia… E engade que se entre as palabras e os feitos hai unha distancia, entre o tempo real e o dunha ficción hai un abismo. Dentro da novela o tempo pode variar, pensemos en Crónica de una muerte anunciada na que comeza coa morte, ou en relatos como o d’O Neno Suicida de Dieste dun home que nace vello e vai cara a infancia… Seguir lendo O tempo na historia e na literatura (I)

A historia imaxinada (II)

ficcion3Antón Riveiro Coello. A ficción que se dá nas obras históricas é moi distinta da que se dá nas obras literarias. O historiador, aínda que sometido á disciplina dun paradigma, cando ordena o pasado e manexa documentos que versan sobre sociedades e feitos que xa non existen, ten que empregar a imaxinación, non lle queda outra volta, pero a súa non é unha imaxinación desatada e libre como a do escritor, senón que está marcada pola prudencia, polos límites da posibilidade e por un uso medido e controlado do imaxinario. Mais tamén é verdade que a historia tense ido formando como disciplina e mesmo na antigüidade había certa confusión nos dous eidos, sobre todo porque as lendas e a narrativa remataban, ás veces, por se converteren en parte da historia oficial; Seguir lendo A historia imaxinada (II)