Arquivo da categoría: Antón Riveiro

O pintor asasino

pintandoAntón Riveiro Coello. Cando chegou á vila todos se preguntaron quen era aquel home alto, barbudo e de poucas falas. Maruxa, a da tenda, que tiña moito vagar e demasiada imaxinación, deu en dicir que era un artista porque un día lle mercou dous botes de pintura. Sospeitaba que a súa predición era pouco probable, pero ela gozaba vendo como engordaban as súas mentiras. Seguir lendo O pintor asasino

Errare humanum est

KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERAAntón Riveiro Coello. Cando comezo unha novela sempre fago o firme propósito de transitar por terreos coñecidos e evitar lugares ou épocas que me esixen estudar máis do debido e nos que é doado incorrer en anacronismos e outros tipos de erro. Mais non escarmento e gusto do reto de abranguer grandes períodos polos que ando como por un campo minado. É certo que polo camiño sempre aprendo algo e mesmo acabo sabendo cousas novas e adquiro unha especialización en temas que non lle interesan a ninguén. Pero o medo a meter a zoca sempre existe. Máis dunha vez teño caído. É algo consubstancial a min o de me complicar a vida. Seguir lendo Errare humanum est

Un burro no 3ºA

burro1Antón Riveiro Coello. O último presidente do noso edificio tiña un burro no piso. Moitas noites, entre os ronquidos do amo, o animal orneaba. Era o único momento do día no que podía amolar a existencia dun burro que seica chegara nun camión de mudanzas tras a morte dos pais do presidente. Uns dicían que o noso presidente toleara, outros que era un ser humano, outros que aquilo eran saudades da aldea… Seguir lendo Un burro no 3ºA

Doce lúas, de Héctor Pose e Alberto Rodríguez Fariña

doce luasAntón Riveiro Coello. Un home cóntanos no seu diario a súa experiencia vital nunha vila mariñeira onde casa e vive das crebas que o mar desbota. Un día a súa filla adolescente, Casilda, que toma baños seguindo a receita dun médico local, ve unha manda de arroaces preto da praia e dá en nadar tras deles desaparecendo para sempre. Este é o punto de partida de Doce lúas (Axóuxere, 2015), un libro insólito, escrito dende a dor e que acolle a vida dunha vila e unha paisaxe que se fan tanxibles, non só polas fotos de Alberto Rodríguez Fariña que acompañan o texto senón tamén, e sobre todo, pola forza aforística das palabras de Héctor Pose. Seguir lendo Doce lúas, de Héctor Pose e Alberto Rodríguez Fariña