Arquivo da categoría: Antón Riveiro

Atracción

atracccAntón Riveiro Coello. Mesmo antes de entrar no local, Suso xa escoitara o xordo rumor da súa voz provocadora e, ao baixar os banzos aveludados, viuna alí, soa, musgando o colorido feroz dos seus ollos mutantes, afroitados. Lento de insomnio, acomodouse na barra e apenas reparou nos dous homes que, nunha somnámbula cacería, disputaban os amores remunerados dunha prostituta. A preocupación de Suso estaba nesoutra presenza que lle daba interese á noite e que o arreitaba coa estratexia da súa voz urticante, solitaria, timbrada dunha resonancia enredante. Seguir lendo Atracción

Cortinas

ventana1Antón Riveiro Coello. María pasaba horas enteiras mirando aquel matrimonio que non usaba cortinas. A súa vida era coma un programa aberto de televisión. Tiñan as súas rutinas e María afíxose a elas. Non perdía detalle. Sabía das quendas para cociñaren, das horas de ida e volta ao traballo, dos momentos axeitados para o amor, dos tempos dos seus sonos… Chegou a coñecer tanto aquela intimidade que, por veces, xa se sentía parte desa familia. Seguir lendo Cortinas

Pintar a paisaxe

untitledAntón Riveiro Coello. Xosé Manuel Lobato Martínez (1958), natural de Boqueixón, doutor en Filosofía e Ciencias da Educación, traballa como docente en Rianxo, colabora habitualmente en diversos periódicos (tamén no noso Café) e é autor de libros como Autoconcepto en hijos de emigrantes (2001), Diáspora.com 2002), Cos pés na peneira (2005), Retorno a Natura (2009), Máxico tear natural (2010) e As dúas ourelas (2012). Agora achega ás librarías Elos de cinza (Ézaro), unha interesante novela na que se cruzan varias historias que o autor usa para lle dar saída á súa imaxinación, ao seu coñecemento da paisaxe galega e, sobre todo, á súa prosa vizosa. Seguir lendo Pintar a paisaxe

Funambulistas, de Mercedes Leobalde

funambulistasAntón Riveiro Coello. Hai uns días falaba aquí dun libro de microrrelatos de Núñez Singala do que gustara moito, aínda que non fora ningunha sorpresa porque xa lle lera outras cousas interesantes e sabía dos seus dotes para a escrita. Mais onte, logo de mercar algúns libros, entre os que estaba o que hoxe comento aquí, fun a unha terraza e, como o libro contén textos breves, enceteino mentres bebía unha cervexa e xa non o deixei até as dúas da madrugada, que foi cando o rematei. Foi unha fermosa descuberta e o máis sorprendente é que se trata do primeiro libro de narrativa da autora, Mercedes Leobalde (A Coruña, 1967). Funambulista  foi merecente do Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole e, desta volta, con moito acerto, publícao Xerais na súa colección de narrativa. Seguir lendo Funambulistas, de Mercedes Leobalde