Arquivo da categoría: Antón Riveiro

El impostor, de Javier Cercas

el impostorAntón Riveiro Coello. Javier Cercas (1962), profesor de literatura na Universidade de Girona e autor ben coñecido con libros de éxito de crítica e público como El móvil, El inquilino, El vientre de la ballena, Soldados de Salamina, La velocidad de la luz, Las leyes de la frontera ou Anatomía de un instante, entréganos agora unha moi interesante novela de non ficción titulada El impostor, que trata a historia do sindicalista español Enric Marco Batlle, famoso internacionalmente por falsificar información que o facía pasar por outro. Este vello anarquista dos anos da Transición presentouse coma un sobrevivente do campo de concentración alemán de Flossenbürg durante a Segunda Guerra Mundial e virou nun alto exemplo de vítima do Holocausto percorrendo o mundo Seguir lendo El impostor, de Javier Cercas →

Dous días, unha noite, dos infalibles irmáns Dardenne

dous díasAntón Riveiro Coello. Os cineastas belgas Jean-Pierre e Luc Dardenne nunca defraudan. Estes dous irmáns dirixen e producen as súas películas a catro mans e toda a súa filmografía está tocada pola maxia e o recoñecemento. Os seus primeiros pasos foron dados no documental e iso nótase porque nas súas películas hai sempre esa sinxeleza espida que vén da reportaxe. A promesa, Rosetta, O fillo, O neno, O silencio de Lorna ou O neno da bicicleta son películas aparentemente sinxelas que sempre nos deixan abraiados. Todas elas son un bo exemplo de cine que non precisa de grandes producións económicas e iso afonda na orixinalidade das súas propostas que a crítica especializada adoita valorar Seguir lendo Dous días, unha noite, dos infalibles irmáns Dardenne →

A esmorga, de Ignacio Vilar

ESMORGA-cartelA-webAntón Riveiro Coello. O pasado venres asistín á estrea d’A esmorga en Ribeira na sesión das 20’30 h. Para a miña sorpresa, logo da excelente promoción polas redes e as recomendacións entusiastas dos que xa a viran no festival en Ourense, só estabamos nove persoas na sala. Máis xente que outras veces, si, pero pouca cousa para o que se supuña un dos acontecementos culturais do ano, o que me fixo sospeitar o peor. Con todo, a miña predisposición era boa. Sabía que ía ver unha nova adaptación da novela de Eduardo Blanco Amor, un dos meus autores preferidos e, o que non era menos importante, gravada en galego e por xente de aquí. Seguir lendo A esmorga, de Ignacio Vilar →

Instrucións para tomar café, de Manuel Núñez Singala

instrucionsAntón Riveiro Coello. Aínda que nunha vindeira entrega Román Arén falará aquí da historia da narrativa hiperbreve escrita en galego, que conta cunha tradición que vén de lonxe e que talvez atopou nos escritores rianxeiros Rafael Dieste e Castelao dous dos seus máis altos estandartes (interesante o libro de Xosé Manuel Eyré Nin che conto. Para coñecer e gozar da micronarrativa), permítaseme aquí falar “brevemente” dun moi recomendable libro que veño de ler e que se encadra neste xénero tan heteroxéneo, Instrucións para tomar café, de Manuel Núñez Singala, publicado pola editorial Galaxia. Seguir lendo Instrucións para tomar café, de Manuel Núñez Singala →