Arquivo da categoría: Antón Riveiro

A maleta de AgraFoxo

maletaAntón Riveiro Coello. Máis dunha vez teño dito que as persoas de máis prestixio dunha sociedade deberían ser os profesores, aos que eu engadiría a figura do historiador. Ás veces, as vilas existen e manteñen a súa identidade precisamente grazas a estas dúas figuras. É certo que ese prestixio non se acada por oposición, senón co traballo diario e unha actitude constante de aprendizaxe e superación. Curiosamente, en Xerardo conviven ambas as dúas formacións e coido que calquera noiés debería celebrar o feito de ter un veciño coma el na súa vila. O traballo e o esforzo que este home leva feito pola historia de Noia e da bisbarra é algo titánico e impagable. Seguir lendo A maleta de AgraFoxo →

Sukkwan Island, de David Vann

david vann1Antón Riveiro Coello. É coñecida a anécdota de como Paul Auster comezou a primeira das historias reunidas na súa Triloxía de Nova York. Seica unha mañá de principios dos oitenta, Auster descolgou o teléfono da súa casa e unha voz preguntoulle se falaba co detective Paul Auster da Axencia Pinkerton. Dixo que se trataba dunha equivo-cación e colgou, pero axiña xurdiu nel a pregunta: E se dixese que si? Para ben da literatura, esa resposta afirmativa viría na ficción dun escritor chamado Paul Auster que se facía pasar por investigador privado nun xogo que acabaría tirándolle a cordura. En Sukkwan Island, David Vann (Alaska, 1966) dedícalle o libro ao seu pai James Edwin Vann. Seguir lendo Sukkwan Island, de David Vann →

Pepe Cal, un espírito libre que nos deixa

pepe2Antón Riveiro Coello. O venres souben da morte do amigo Pepe Cal, acontecida hai uns días, e non se me ocorre outra cousa que, a xeito de homenaxe, poñer en pasado o perfil dunha entrevista que lle fixemos n’A voz de Barbantia ao noso socio decano, a este sabio comunista de afervoada humanidade que ancorara no Cruceiro de Roo, onde seguía a fabricar soños tranquilos a carón da súa amada compañeira Ita. Pepe Cal era un deses heroes cotiáns que viviron a esgazadura interior da ditadura, envoltos nunha loita e nun compromiso maior ao de moitos exiliados. Porque este home de aire cortés foi alguén que se fixo a si mesmo, como el resumía nunhas palabras que reforzaban a súa ollada limpa “a miña infancia estivo condicionada pola pertenza a unha familia indiana. Seguir lendo Pepe Cal, un espírito libre que nos deixa →

Nos vemos allá arriba, de Pierre Lemaitre

Nos vemos allá arriba_150x230Antón Riveiro Coello. Nos vemos allá arriba, de Pierre Lemaitre (Salamandra, 2014) é unha novela francesa de aventuras protagonizada por dous soldados feridos na primeira guerra mundial, esa Gran Guerra de poder que desatou unha violencia estarrecedora e levou por diante a millóns de persoas. Neste ano do seu centenario chegou ás librarías este libro, despois de se facer co prestixioso premio Goncourt e proporcionarlle un importante éxito internacional a un autor que, até o de agora, apenas era coñecido polas súas novelas de xénero negro e criminal.

Albert Maillard e Éduard Pericourt son os personaxes principais desta novela áxil e entretida, por veces previsible, escrita con alento doutra época e cunha lingua espida, sen ningún tipo de complexidade formal nin alardes de estilo. Seguir lendo Nos vemos allá arriba, de Pierre Lemaitre →