Arquivo da categoría: Antón Riveiro

As posibilidades

afgAntón Riveiro Coello. Aínda conmovido pola imaxe desa nai afgá de vinte e cinco anos que, sentada no chan, fai a proba de acceso á universidade mentres anaina un meniño, non deixo de cavilar nos atrancos desta e outras mulleres para accederen a uns estudos que a outras mesmo lles son regalados. Esta imaxe convocou na miña memoria unha experiencia de hai xa moitos anos, cando, convidado por un amigo, fun coa miña familia a súa aldea de Lugo. Seguir lendo As posibilidades

Salvaxes

Príncipe_BaltasarCarlos_cazador_Velázquez_louAntón Riveiro Coello. Unha vez máis, miles de estudantes saen ás rúas en Estados Unidos, desta volta para honrar as vítimas da matanza de Parkland, acontecida hai pouco máis dun mes, e sobre todo para esixir máis control no acceso ás armas. A senadora e líder demócrata Elisabeth Warren intúe que estes mozos están aquí para nos liberar. A ver se é verdade e esta xeración muda a historia. Non vai ser doado, non só pola influencia que a Asociación Nacional do Rifle ten no Congreso dos Estados Unidos, senón tamén porque as armas están inseridas fortemente na cultura americana e son unha industria poderosa. Pero talvez estes mozos rematen por educar os pais. Seguir lendo Salvaxes

Os coros da novena, de Fidel Vidal

o andel imaxeAntón Riveiro Coello. Na súa anterior novela, Un asasino felizmente casado, Fidel Vidal xa nos adiantaba o seu talento narrativo e puña o foco sobre dous seres feridos, deitándoos no diván para que nos falasen con franqueza da súa dor, dos conflitos familiares, dos medos, do amor e, sobre todo, da enfermidade e da morte. Nesta nova entrega, Os coros da novena, o autor non se afasta dese camiño e volve situar o lector no mesmo cerne dunha traxedia familiar, con personaxes nada compracentes e duros, porque na escrita do escritor de Ribeira sempre aparece a poderosa sombra do especialista médico que converte en material narrativo unha parte importante da súa experiencia clínica. Seguir lendo Os coros da novena, de Fidel Vidal