Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach

Os libros de David Bowie

el-club-de-lectura-de-david-bowieGonzalo Trasbach. A publicación do libro El club de lectura de D.B., pouco tempo antes deste noso confinamento, recordounos que o pasado dez de xaneiro fixo catro anos da morte de David Bowie (1947-2016). Dado que o impacto do seu finamento foi tan tremendo, tan inesperado, talvez nos pareza que a desaparición do intérprete e compositor inglés ocorreu hai moito menos tempo. Nado coma David Robert Jones, o artista veu ao mundo un oito de xaneiro de 1947 no barrio londiniense de Brixton e abandonouno definitivamente dous días despois de ter acadado a idade de 69 anos. Seguir lendo Os libros de David Bowie

Repugnantes formigas calvinistas!

1eca6-austeridadGonzalo Trasbach. Decembro do 2008. Atenas, baixo a insurrección. Mesmo a árbore de Nadal da praza Sintagma ardeu. Non fai falla lembrar quen tiña tomadas as rúas: unha onda de rabia sen rostro. Os anos siguintes ensináronnos o que significa a palabra <contrainsurrección> nun país occidental. A UE, o Banco Mundial e o FMI empezaron a tarefa de hacer pagar a Grecia por aquela revolta imperdoable. Seguir lendo Repugnantes formigas calvinistas!

A túa luz, mestre, sempre nos alumará

unnamedGonzalo Trasbach. O pasado día 3 faleceu na súa casa de Barrow Road en Cambridge (Inglaterra) George Steiner. Nado en París o 23 de abril do 1929, o profesor e mestre de literatura comparada estaba a pouco máis de tres meses de acadar a idade de 91 anos. Trala súa desaparición, un xornal italiano publicou unha entrevista póstuma, unha longa conversa que mantivo durante anos co ensaísta Nuccio Ordine, coa condición de que só podería saír á luz logo da súa morte, a que comunicou sobre as 14.00 horas daquel primeiro luns do mes o seu fillo David. Seguir lendo A túa luz, mestre, sempre nos alumará

Kate Tempest e Cate Le Bon soben a temperatura sonora

descargaGonzalo Trasbach. Nos días previos ao verán, chegaron ás nosas mans dous discos que, sen ningunha dúbida, van subir a temperatura sonora desta tempada estival. Os álbums veñen por parte de dúas contrastadas artistas británicas: Kate Tempest e Cate Le Bon. A de Londres acaba de publicar The Book Of Traps And Lessons (o libro das trampas e as leccións), o terceiro da súa meteórica carreira, mentres que a de Gales vén de editar Reward (Mexican Summer), o sétimo da súa ampla e variada traxectoria artística. Seguir lendo Kate Tempest e Cate Le Bon soben a temperatura sonora