Gonzalo Trasbach. Era mediodía cando chegamos ao territorio da desolación, a vexación e o terror indiscriminados. Entramos polo portón por onde os trens ateigados de deportados ían camiño da estación “Solución final” Birkenau=bidueiro en alemán. Parámonos diante dos barracóns de madeira que teñen resistido en pé o paso do tempo. Un dobre aramado de espiños electrificado bordea as case duascentas hectáreas Seguir lendo Visita a Auschwitz-Birkenau
Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach
Dúas visións auténticas sobre o feminismo
Gonzalo Trasbach. Terra de mulleres (Seix Barral) e Teoría King Kong (Random House) son dous libros que ofrecen senllas e auténticas visións, aínda que con tons e perspectivas moi contrapostas, do fenómeno feminista. María Sánchez (Córdoba, 1959), filla e neta de veterinarios, é a autora do primeiro título, un ensaio que no que fala sobre as mulleres no mundo rural, mentres que Virginie Despentes (Nancy, Francia, 1969) aborda de xeito agresivo e descarnado o mundo das mulleres, para o cal se serve da súa propia experiencia. Ela analiza sen pelos na lingua cuestións tan espiñentas como a violación, a prostitución ou a pornografía. Seguir lendo Dúas visións auténticas sobre o feminismo
Nova reedición de “A Santa Compaña”
Gonzalo Trasbach. Aínda que naceu en Santander, Germán Coppini López-Tornos creceu e formouse musicalmente en Vigo, cidade á que tiña sido destinado o seu pai. O pasado Nadal fixo cinco anos que finou inesperadamente en Madrid cando só contaba 52 anos de idade (1961-2013). A súa participación como cantante e letrista foi esencial nos primeiros Siniestro Total, pero de xeito moi especial en Golpes Bajos, formación na que talvez viviu a súa etapa creativa máis produtiva, brillante e exitosa. Seguir lendo Nova reedición de “A Santa Compaña”
Matangi/Maya/M.I.A., un documental sobre a tamil refuxiada en Londres
Gonzalo Trasbach. Logo de varios anos protagonizando polémicas, M.I.A. xa non necesita os medios, pois ela é a narradora da súa propia historia. Desde que subiu por vez primeira a un escenario emprega os micrófonos para rapear e meterse en leas e provocar acedos comentarios dos seus inimigos. En 1975, o seu país de orixe estaba en guerra civil entre o goberno e a minoría étnica tamil, á que pertencía e pertence a súa familia. O seu pai, fundador da resistencia tamil, enviou a súa familia para Europa. Seguir lendo Matangi/Maya/M.I.A., un documental sobre a tamil refuxiada en Londres