Dúas visións auténticas sobre o feminismo

portada_tierra-de-mujeres_maria-sanchez_201811280910Gonzalo Trasbach. Terra de mulleres (Seix Barral) e Teoría King Kong (Random House) son dous libros que ofrecen senllas e auténticas visións, aínda que con tons e perspectivas moi contrapostas, do fenómeno feminista. María Sánchez (Córdoba, 1959), filla e neta de veterinarios, é a autora do primeiro título, un ensaio que no que fala sobre as mulleres no mundo rural, mentres que Virginie Despentes (Nancy, Francia, 1969) aborda de xeito agresivo e descarnado o mundo das mulleres, para o cal se serve da súa propia experiencia. Ela analiza sen pelos na lingua cuestións tan espiñentas como a violación, a prostitución ou a pornografía.

Tal e como indica o subtítulo, María Sánchez, veterinaria de campo e escritora, sérvenos unha mirada íntima e familiar sobre as mulleres do agro, do campo. A súa crónica, tecida de xeito tenro e entrañable, mais sen resultar sentimentaloide ou paternalista, reivindica a todas as persoas que viven nas marxes, e tamén pretende rescatar do esquecemento estes territorios menosprezados e as xentes que os habitan, especialmente ás mulleres, seres vitais na supervivencia dun mundo que se sostén en silencio cun extraordinario esforzo que ninguén ten recoñecido.

O oficio de veterinaria de campo, herdado de seu avó e do seu pai, flúe polo seu sangue. O de escritora é unha actividade a tempo parcial. Aínda que ela indentifícase cun extracto privilexiado das mulleres do campo, reivindica ás súas compañeiras como as grandes invisibilizadas do mudo rural. O seu libro tamén pode ser considerado coma unha enérxica arenga contra do esnobismo urbanita do turismo rural de fin de semana e reclama de forma atronadora parar a demonización posta en pé contra das mulleres do campo, contra da ignorancia interesada do seu traballo e de comprar o relato da España valeira. Neste volume aparecen os nomes de moitas mulleres, entre elas dúas galegas: as poetas Luz Pichel e Olga Novo.

Tamén nos parece un ensaio que arremete contra certos tópicos, contra da imaxe que se dá dos homes que viven no campo, aos que normalmente se presentan coma os máis incultos, e paletos e coma os que habitualmente e máis facilmente fan comentarios machistas. Sen embargo, demostra que os peores están entre as voces cultas e intelectuais, no mundo literario. María Sánchez clama contra da “ruralofobia” que campa na literatura, no cine e nos medios. Neste sentido, chega con refrescarnos a memoria en como se presentou diante do público a vila de Huelva donde tivo lugar o asasinato da mestra zamorana Laura Huelmo. E que podemos dicir dunha película como Isla mínima?

81kFBV4GdkLNos medios televisivos e escritos aparecen con frecuencia relatos sobre “el terror rural”, que ten feito moito dano ao campo e aos seus poboadores, mais que pasa co “terror urbano”? Non hai moito tempo, no considerado “progresista” El País lemos un titular tan infame como este: <El terror rural que acabó en muerte en una aldea de Galicia llega a juicio>. Durante o tempo de lectura desta magnífica reivindicación do medio rural e das invisibilizadas mulleres que o habitan, unhas 10.000 persoas clamaron en Teruel contra da España valeira, esa que importa de forma materialista, pero da que todos se esquecen tan axiña como acaban de dirimirse as batallas electorais.

Nas antípodas de Mulleres, poderiamos ubicar Teoría King Kong. Falamos dun libro violento. Si. Cheo de agresividade. Auténtico. A carne da autora está exposta en cada unha das súas liñas. Nótase nel coma unha sombra relacionada coa vida popular, brava, salvaxe. A sombra, en definitiva, dun pobo non dominado, que habita paraxes ou espazos pouco protexidos. Podemos afirmar que aborda a cuestión feminina dende unha perspectiva punk ou border. Virginie Despentes non escribe para queixarse. Non é unha choromica. Non ten levado unha vida marabillosa, pero non a quere cambiar por nada do mundo. Amosa unha empatía coa estadounidense Camille Plagia no sentido de negarse radicalmente a victimizar á muller.

A contrario, como fai Plagia, ela tamén aposta por unha gallardía do femenino. Pese a todas as humillacións e vexacións, reivindica seguir adiante, facéndose cargo do maltrato ao que se expón toda singularidade. Neste punto, propón levantar unha ofensiva contra da orde masculina. Ela amosa unha simpatía e empatía con todo o que cae fóra da orde establecida, coa singularidade de cada ser, mesmo co maltrato que tal condición conleva consigo. Nunha palabra, é un libro incorrecto, pois está do lado da coraxe, da dureza de vivir. Talvez por este motivo é posible que acabe sendo un pequeno obxecto de culto.

O libro tamén está de parte do proletariado femenino (feas, pouco atractivas, mal folladas, non desexadas…) e contra da gaiola estética na que todos tendemos a caer, especialmente as mulleres. Ela considera que a vida que che toca vivir é a que te obriga a estar inventando a cada momento formas de saír adiante. Neste sentido, mesmo mostra unha empatía coa infelicidade que nos xungue a todos nesta dura existencia.

Despentes non odia aos homes. Ela aposta pola virilidade do femenino, unha arma para empuñar con coraxe fronte a dureza de vivir, dunha existencia á cal a muller ten sido arroxada, un chan dende onde se permite percibir as verdades antes que os homes. Desde esta singularidade fala a autora, que nos recorda que a condición feminina non se pode identificar coa orde estatística e histórico-social.

9788490276822Coma violada que foi, Despentes propón afrontar a violación coa obriga da violencia. Chega a dicir que se por algo odia esta sociedade é porque lle teñan prohibido partirlle as pelotas aos tres bestas que a violaron a ela e a unha amiga nunha viaxe polas aforas de París. Ela tamén se amosa partidaria de que a violación non se converta no mal absoluto, un mal do que non se poda falar, senón que aposta por afrontala coma un risco que as mulleres deben encarar coma outra circunstancia política calquera.

Ela entrou no ámbito da prostitución sen ningún complexo, tomando a decisión coma unha especie de cura postviolación. Di que mentres estivo militando neste territorio, nunca sentiu tanta compaixón polos homes. Escribe páxinas realmente gloriosas sobre esta temática tampouco estimada e falada entre nós. Defende ese mundo, moito máis humano que a orde chamada decente. Di que ese mundo é o que fai decente a promiscuidade reinante no noso “marabilloso” mundo, que ve a prostitución coma unha peste que caeu sobre os centros das cidades máis espectaculares e glamurosas da vella Europa.

2 comentarios en “Dúas visións auténticas sobre o feminismo

  1. Me parece acertadísima esa frase, querido Gonzalo, de que las mujeres del campo son vitales para la supervivencia de un mundo que se sostiene en el silencio con un esfuerzo que nadie reconoce. Para las mujeres y hombres del mundo rural no existe la frivolidad en su vida, porque su vida es el trabajo, desde que se levantan hasta que se acuestan, y a pesar de que parece que ocultan su mirada y sus sentimientos bajo una gorra de visera, su corazón no difiere de los que gozan de una buena posición social y han tenido la dicha de que su correa transmisora de trabajo haya ido por otros derroteros más cómodos. Me encantaría leer esa novela de la veterinaria de campo María Sánchez. Lo mismo pienso de ese libro “incorrecto” de la escritora Despentes. Su cara ya deja traslucir la aflicción. Hay que luchar siempre con esos que sufren de misoginia aguda y despedirse de eslabones poco evolutivos para mandarlos junto al producto de sus necesidades matutinas.
    Anoto los dos títulos. Ya estoy leyendo la última recomendada en Barbantia; “As Ramonas , de Ana Cabaleiro.
    Besiños palmeiráns, querido Gonzalo.

    1. Boas noites, querida Magdalena. Gracias polo teu comentario. O importante é que ti leas os libros e que saques as túas conclusións. As miñas, non teñen máis valor que o de dar a coñecer esas dúas obras tan distintas sobre o mesmo fenómeno. Que todo vaia ben. Apertas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>