Cromos repetidos

95547X. Ricardo Losada. Gardamos da infancia o recordo claro de que non nos gustaban os cromos repetidos. Pediámoslles aos nosos pais que nos comprasen máis sobres ansiando cromos novos. E, ao final, cando xa perdiamos a esperanza, mandabamos unha carta pedindo os que nos faltaban, e agardabámolos con ansiedade. Non vou contar como me sentía cando chegaban. É unha experiencia tan universal que é innecesario e, por riba, as palabras debilitaríana.

Aínda así, creo que ese tipo de recordos mal interpretan a infancia como un lugar de busca de novidades. Somos os adultos os que proxectamos nos recordos esa ansiedade. A infancia queda mellor reflectida nese hábito que, debido á miña mala memoria, non recordo, pero que si experimentei marabillado cos meus sobriños. Refírome a como desfrutaban vendo a mesma película ou lendo o mesmo libro ou escoitando a mesma historia. Que pesados se puñan: «Cóntamo outra vez» ou «ponma outra vez», protestaban cando ti lles querías impor outra historia ou outra película, convencido de que é moi importante para eles ter experiencias novas. Pois non. Eles, co que realmente desfrutan é coas historias repetidas, sabendo de antemán qué vai pasar e, o máis importante, que lles vai gustar.

depositphotos_69140833-stock-photo-three-peachesO outro día escoitei unha charla dun mestre que dicía ter aprendido moito dos nenos, e exemplificábao con anécdotas que intentaban revelar que os nenos razoan de forma distinta. Recordou que unha vez lle pediu a un alumno que lle dixese tres froitas. O neno, demostrando o amor que teñen pola repetición, respondeulle tres melocotóns, pero el, dominado pola fobia adulta aos cromos repetidos, explicoulle que tres melocotóns non eran tres froitas distintas, e que a resposta correcta sería, por exemplo: Melocotóns, peras e mazás. O neno demostroulle dous días despois que o entendera resolvendo un problema que viña no libro: «Nunha cesta hai tres melocotóns e dúas peras, cantas froitas hai?». Dúas, dixo. E entón o mestre deuse conta, creo eu, de que a resposta correcta á primeira pregunta non era a súa, senón a do neno. Sen dúbida ningunha, tres melocotóns son tres froitas distintas.

2 comentarios en “Cromos repetidos

  1. Prezada Magdalena:

    Como ben sabes, eu non podo dicir que o meu álbum favorito fose o de Sissi. Máis ben acerta Antón ao poñer como imaxe dous cromos de futbolistas, e aínda acerta máis ao escoller o do meu xogador favorito, Johan Cruyff, polo que, con 12 anos, pasei de ser do Real Madrid, como toda a miña familia, a ser do Barcelona. E aquí sigo.
    Coincido con esas apreciacións que fas dos nenos.
    Teño que recoñecer que non comparto moito ese gusto tan estendido na actualidade de efemérides, días de.. e demais. Pero iso non me impide felicitarte. Estou seguro de que os teus fillos tiveron unha nai como Deus manda. (Agardo que non aproveitedes ti e Carmen esta referencia divina para dicir que creo máis do que penso e digo).
    Apertas

  2. ¡ Los cromos, cuántos recuerdos ! A pesar de que lo mío fue en el tiempo en que San Isidro labraba las tierras, lo recuerdo con perfecta nitidez . Mi favorito era el álbum de Sissi Emperatriz. Nunca logré reunir aquellos siete cromos que me faltaban; incluso se los pedí a los tres de Oriente. Mi desencanto y yo fuimos uno, al ver que los Reyes no habían entendido mi letra, ( según versión de mi madre ) y yo pensaba: pues, vaya magos…
    Mi abuela era la que me relataba los cuentos – mi madre trabajaba – y tenía un buen repertorio, pero como tú acertadamente dices, a los niños les gusta que le repitan el mismo, porque así, refuerzan en su memoria palabra por palabra. Si le cambias alguna sílaba, ellos te la corrigen. Ahora sé que los cuentos que me contaba eran fábulas de Samaniego, Iriarte y Esopo. Me encantaban “Los músicos de Bremen” de los hermanos Grimm y “El flautista de Hamelín”. De Tomás de Iriarte, aún recuerdo que me hizo aprender esto:
    – He reñido al hostelero.
    – ¿ Por qué ? ¿ dónde ? ¿ cuándo ? ¿ cómo ?
    – Porque donde cuando como,
    como mal, me desespero.

    Y, si me permites un pequeño recuerdo, querido profesor, en el día de hoy, felicitar a todas las madres y abuelas que tanto han hecho y hacen por la educación de sus hijos y nietos. Felicidades madres y segundas madres.
    Felicidades, Marina.
    Besiños palmeiráns, José Ricardo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *