Gonzalo Trasbach. A colleita musical do ano de graza de 1967 deixounos froitos moi saborosos na estación de outono. Sen dúbida un deles é “Forever Changes” de Love, un dos mellores discos daquela década, aínda que, diante da esmagadora avalancha que xeraron os albumes dos Beatles, Rolling, Hendrix, Pink Floyd e mesmo o “The Who Sell Out”, pasou case desapercibido. Pero co xirar dos anos gañou en importancia e recoñecemento, o que ao mesmo tempo nos permitiu descubrir que tamén había vida sonora máis aló dos grandes da historia. Seguir lendo Froitos tardíos: “Forever Changes”, de Love
Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach
PJ Harvey: dama en negro con saxofón
Gonzalo Trasbach. Estraña tarde a daquel 23 de agosto pasado. Aínda fumegaban os cadáveres dos mortos nos atentados de Barcelona e Cambrils. Mais a programación obrigaba. No escenario montado no Poble Espanyol aparece, diante duns tres mil espectadores, unha radiante Polly Jean Harvey (Somerset, England, 9/10/1969): vestida de rigoroso negro, coma o resto da súa numerosa banda, encabezado polos seus dous máis fieis músicos, John Parish e Mick Harvey, e leva un saxofón entre as mans: liturxia e cerimonial en escena. Seguir lendo PJ Harvey: dama en negro con saxofón
Talking Heads no meu corazón
Gonzalo Trasbach. Tirando do limo do recordo, ese fío que aínda me mantén vivo logo de tantas travesías, evoco o 1977, un ano moi importante na miña vida. Xa dixen nunha ocasión, que foi cando o Ulysses entrou na miña casa. Naquel tempo, se non me trabuco, bateu na miña xanela a Chuvia oblicua de Fernando Pessoa. Pero tamén atopei unha divertida vía de escape no cinema coa chegada das novas películas de ciencia ficción: La guerra de las Galaxias (George Lucas) e Encuentros en la tercera fase (Steven Spielberg). Seguir lendo Talking Heads no meu corazón
As cabanas do medo
Gonzalo Trasbach. Era aínda un rapaz cando se embarcou para completar a súa primeira campaña ao bacallau. Un pouco máis tarde emigrou ao Mar do Norte para traballar nas perforadoras. Mais todos os veráns contábamos coas súas risas contaxiosas e as súas divertidas ocorrencias. Seguir lendo As cabanas do medo