Gonzalo Trasbach. Todas as revolucións habidas e por haber pasan por momentos luminosos e agochan outros sombríos. Hai homes (máis ca mulleres, pois xa sabemos a querenza dos varóns por figurar nos fitos máis destacados da Historia), que son glorificados, loubados, condecorados… Pero hai outros que, pese aos indubidables méritos contraídos, son condenados a un rotundo ostracismo: resultan perigosos para os benpensantes membros do stablishment, pola admiración e devoción que espertan entre as capas populares. Dito isto de carácter xeral, lembremos que o pasado 25 de abril celebrouse o 48º aniversario da Revolución dos Caraveis de Portugal, aquela que tanto nos conmovera Seguir lendo Revolución dos caraveis: a sombra trala luz
Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach
“Skinty Fia”, novo disco de Fontaines DC
Gonzalo Trasbach. Despois de debutar cun sobresaínte “Drogel” en 2019, o quinteto de Dublín rubricou ao ano seguinte que continuaba na senda exitosa cando apareceu o seu segundo álbum: “A Hero’s Death”, unha obra que testificaba que na verde Eire había vida sonora máis aló do fastío dos U2. Agora con este “Skinty Fia” os irlandeses proclaman ben alto que levan catro anos sen parar de medrar. No primeiro disco botaron as sementes, que naceron e propiciaron a colleita dun marabilloso e maduro froito. Seguir lendo “Skinty Fia”, novo disco de Fontaines DC
Contos e prosas breves, de Joyce
Gonzalo Trasbach. Arestora, a cento corenta anos de distancia da data do seu nacemento, podemos dicir que James Joyce é a Irlanda como Dante a Italia e William Shakespeare a Inglaterra, e como Cervantes é a España. Jim, como lle chamaba seu irmán Stanislau, adicou a súa complicada vida a inventar e a engordar un Dublín imaxinario, poboado de pontes, de rúas, de bares, de pubs, de vivos e de mortos. Pero tamén de músicos, borrachos, putas e puteiros. Mais ao mesmo tempo de xentes que se queren e se odian, que se ignoran ou que se saúdan cando se atopan en calquera sitio do espazo urbano que se estende a ambos lados do Liffey. Seguir lendo Contos e prosas breves, de Joyce
Novos discos de Placebo e Aldous Harding
Gonzalo Trasbach.Levaba moito tempo sen decidirme a escribir sobre música, mellor sobre os discos que fora escoitando durante o primeiro trimestre deste ano que vai camiño de converterse en terrible. Pero a chegada da primavera regaloume un bo puñado deles e isto empuxoume a escribir sobre dous álbums, os que máis me animaron e me conmoveron nestes tempos tan convulsos e confusos. Seguir lendo Novos discos de Placebo e Aldous Harding