Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach

Para Magdalena: Que é iso da música?

Young girlGonzalo Trasbach. Nunha conferencia que pronunciou en Cerisy-la-Salle, Normandía, en agosto de 1955, Martin Heidegger preguntaba, como introdución a unha conversa, que é iso da filosofía? Nun punto da exposición o profesor de Friburgo di: <Todo ente é no Ser. O oír isto soa para os nosos oídos como algo trivial, mesmo insultante. Ninguén ten por que preocuparse de que o ente pertenza ao Ser. Seguir lendo Para Magdalena: Que é iso da música?

The Velvet Undergound & Nico, 50 anos despois

Velvet Underground - CollectedGonzalo Trasbach. Logo de ser rexeitado por Atlantic (non quería cancións sobre drogas) e mais por Elektra, que non tragaba a viola de Cale, con un ano de retraso, o doce de marzo do 1967 saíu á rúa “The Velvet Underground & Nico”, o álbum de debut dunha formación que, abandeirada polo artista pop Andy Wharhol, acabaría converténdose en mítica e rodeada dunha densa e complexa aureola. Seguir lendo The Velvet Undergound & Nico, 50 anos despois

Surrealistic Pillow, o gran de ouro de Jefferson Airplane

jeffGonzalo Trasbach. O terceiro gran de ouro, segundo, claro está, o noso criterio, da colleita do 1967 chegou o 20 de febreiro da man de Jefferson Airplane: “Surrealistic Pillow”. Anunciando o “verán do amor”, que se celebraría meses despois en San Francisco, irrompeu coma un cabalo ao galope un disco que acadaría un inesperado éxito, pero sobre todo adquiriu un enorme valor conxuntural: converteuse no álbum tótem da escena hippy da cidade californiana, grazas a un tema que foi súper vendas en todo o mundo: Somebody To Love. Seguir lendo Surrealistic Pillow, o gran de ouro de Jefferson Airplane

A Colleita do 67 arrancou cos discos dos Doors e dos Stones

doorsGonzalo Trasbach. Á hora de dar unha resposta á pregunta de cal foi o ano más rico e produtivo da década prodixiosa da música popular, existen versións para todos os públicos. A ecuación é insoluble, mais queremos reivindicar a excelente colleita do 67. Ese curso conta con, ao menos, oito ou nove discos que coroan os seus dourados cumes. Non os imos citar todos agora. Iremos debullándoos puntualmente, segundo as datas dos seus respectivos aniversarios. Seguir lendo A Colleita do 67 arrancou cos discos dos Doors e dos Stones