A Colleita do 67 arrancou cos discos dos Doors e dos Stones

doorsGonzalo Trasbach. Á hora de dar unha resposta á pregunta de cal foi o ano más rico e produtivo da década prodixiosa da música popular, existen versións para todos os públicos. A ecuación é insoluble, mais queremos reivindicar a excelente colleita do 67. Ese curso conta con, ao menos, oito ou nove discos que coroan os seus dourados cumes. Non os imos citar todos agora. Iremos debullándoos puntualmente, segundo as datas dos seus respectivos aniversarios. Polo momento, imos quedar coas dúas primeira perlas que nos legou o comezo daquel ano, que se abriu o catro de xaneiro coa aparición de “The Doors”, o primeiro álbum do grupo do mesmo nome formado no 65 en Los Angeles, e que se gravara en agosto do 66. Chegou ao escenario mundial logo de pasar por unha antesala excelsa: a publicación de dous sinxelos, nun dos cales figuraba a inesquecíbel Light My Fire, que deixou totalmente despexado o camiño cara ao éxito. E as portas abertas para que a banda e o seu carismático líder entraran na esfera da mitoloxía.

Cando o tres de xullo do 71 descubriron o corpo sen vida de Jim Morrison (Florida, 1943), as crónicas contaban que caía unha tremenda tormenta con aparato eléctrico sobre París: iso era Then End of The Ryders On the Storm. En efecto, a morte de Jim supuxo a fin do grupo. A esmagadora personalidade de Morrison enguliu por completo o talento que atesouraban os seus compañeiros: Ray Manzarek (teclados), Robbie Krieger (guitarras) e John Densmore (batería). Á marxe da sorte que estes tiveron logo da súa morte, o certo é que o álbum de debut do cuarteto angelino, cincuenta anos despois, segue sendo un dos máis inspirados e completos da historia da música rock.

Nun contexto no que imperaba o azoute psicodélico e o LSD na Costa Oeste, e pasando totalmente do escapismo que pregoaba o flower power, “The Doors” apelaba directamente á alma coma territorio das  baixas paixóns, con cancións coma Break On Through (To The Other Side) e Light My Fire. Quen se atrevería a vernizar con ventos cabareteiros Alabama Song (Whisky Bar), un tema que compuxeran Kurt Weil e Bertold Brecht en 1928 para The Three Penny Opera?  Mesmo antes de editar o disco, que gravaron no selo Elektra, recomendados por Arthur Lee, outro fenómeno que fundou Love, The Doors xa militaban noutra galaxia. A súa iconoclasta mestura de improvisación, arrebato e silencio xunto cunha provocación sexual implícita e explícita e o seu marcado rexeite das tendencias dominantes levounos a abrir un novo paisaxe sonoro, onde o blues ocupaba un plano preferente, sobre o pop, rock e jazz. Neste álbum, por enriba da impoñente presenza e do escuro magnetismo de Jim, pesa máis o traballo colectivo. Como, se non, se poden lograr as arrepiantes subidas e baixadas de The End, ou o hipnótico e sinuoso desenrolo de Light My Fire, sen o constante teclear de Mazarek?

BetweenthebuttonsUKA outra perla daquel arranque de curso foi: Betwen The Buttons”. Despois de sacar á luz o maxestoso e triunfador “Aftermath” (1966), The Rolling Stones colocaron no mercado o 20 de xaneiro do 1967 un novo disco gravado con Decca. Deostado no seu tempo por non encaixar nos canons musicais dos anteriores (é dicir, no eido do ritmo and blues) discos do quinteto londiniense. Sen embargo, falamos dunha auténtica xoia, dunha marabilla que conxuga con diversidade o sentir pop da época, con trazos barrocos, blues, rock, folk e psicodelia. Contén temas dotados dunha irónica perspectiva sobre as relacións de parella. Brian Jones, que toca multitude de instrumentos, compuxo con Richards a extraordinaria balada Ruby Thuesday, dedicada a unha groupie. Outros temas de resonancia mundial son: Let’s Spend the Night Together, Connection ou Please Go Home.

4 comentarios en “A Colleita do 67 arrancou cos discos dos Doors e dos Stones

  1. Me comentó Magdalena que habías escrito un artículo muy musical. Acabo de leerlo, pero, por desgracia, la etapa de la que hablas, para mí estuvo vedada: cinco niños en cuatro años y medio, una gravísima operación de mi marido…
    Sin embargo mencionas a un compositor y a un dramaturgo y libretista (Kurt Weill y Bertolt Brecht) que me son familiares por haber asistido a varias de sus óperas en colaboración –“La ópera de tres peniques”, “Ascenso y caída de la ciudad de Mahagonny”… (Lo escribo en castellano porque me resulta más fácil)-, óperas que, si nos parecían extravagantes a los antiguos abonados, en cuanto a música y libreto, ya ni te cuento las puestas en escena tan subidas de tono. Y no me refiero sólo a los dos que estamos comentando: hoy son pléyade los autores, antes “diabólicos”, que van saliendo a la palestra.
    En el aspecto musical, de las óperas de Weill me encanta esa mezcla de estilos: clásico, de cabaret, jazz…Todos ellos con mensaje.
    Pero parece que las aguas están volviendo a su cauce y el Teatro Real -para conmemorar los 200 años de de su nacimiento como tal y los 20 de su última reapertura con dos obras de Falla (¿desagravio?)- está ofreciéndonos una serie de óperas de autores a los que en otro tiempo no lejano se les consideraba malditos, apenas aparecían en los carteles, y que ahora nos parecen –al menos a mí- de una dimensión profunda, mostrando el arte como expresión de descontento, de “evasión y rebeldía en tiempos de dolor y opresión”.
    También asistí a un ciclo de conferencias en la Fundación Juan March, en colaboración con el Teatro Real, sobre Brech, y por extensión, sobre Weill.
    Siento no poder explicitarme más sobre este tema, pero ni el tiempo ni el espacio me lo permiten.
    Unha forte aperta.

    1. Muchas gracias Carmen por la atención que prestas a nuestros pequeños artículos. Y muchas también por ver que los aprecias. Fraternales saludos.

  2. Querido Gonzalo: Hoy tuve aquí a mis hijos y estuvimos leyendo todos tu artículo ” A colleita do 67 arrancou cos discos dos Doors e dos Stones ” y mi hija que es adicta a la música me comentó que se apreciaba lo versado que estabas en cuestiones musicales. Me encantaría saber lo que ella conoce al respecto para poder estar a tu altura y contestarte con propiedad pero, desgraciadamente no es así. A ” The Doors ” no los conozco más que de oídas, unicamente creo recordar una versión que hizo José Feliciano del tema ” Light My Fire ” y aquí se acaba toda mi cultura musical.
    De todas maneras aunque así sea, me encanta leerte y espero siempre que aparezcas en este Café cargado de letras impregnadas de cafeína de blues, rock, folk y conocimiento.
    Un armónico saludo desde Palmeira, amigo Gonzalo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *