O Logos da Chirivichela

merda1X. Ricardo Losada. Escribín hai pouco un artigo en Café Barbantia no que contaba que estando en Urxencias cun familiar, ao poñerlle a enfermeira a cuña a un paciente, recordei unha pregunta que facía Platón, se hai excrementos no mundo puro das ideas. Algúns amigos estráñanse de que, nesas e noutras parecidas circunstancias, a miña mente pense en cuestións filosóficas. Mesmo me dan a entender que son un pedante. Non lles digo nada, pero creo que o problema non é que eu queira ir de profundo, senón que eles, por un arraigado e inxusto prexuízo contra a filosofía, non se decatan que para min a filosofía é como para un médico a medicina ou para un ciclista os tipos de bicicleta. Se teño lido centos de libros de filosofía, é lóxico que de forma natural a miña mente recorra a eles para analizar os feitos. Supoño que un médico ao oír a palabra excremento, recordará as analíticas de feces, e un ciclista, eses momentos nos que, apurado, ten que baixar da bici e evacuar de monte. Pois eu, pola mesma razón, acórdome da pregunta de Platón ou dos turullos de Diógenes no medio do ágora.

     A eses críticos dos que acabo de falar chámolles persoas que voan demasiado baixo. Non son quen de elevarse do máis concreto ao máis abstracto. Pero hai outro tipo de persoas que tamén me critican, aínda que pola razón contraria. Voan demasiado alto. Recordo que hai uns anos dei unha conferencia nun instituto titulada A filosofía de Platón no Barbanza. Un profesor de Filosofía díxome, xusto antes de comezar, que cando vira o título fartara de rir. Que carallo tería que ver Platón co Barbanza? Non sería mellor que falase de Rafael Dieste no Barbanza? Quedei abraiado. Un profesor de Filosofía debería saber, primeiro, que a filosofía de Platón reflexiona sobre seres humanos e, segundo, que no Barbanza viven seres humanos. Que máis relación quería? Pero non. El non era quen de ver esa relación porque para el a filosofía voa demasiado alto, e trata, máis que de seres humanos concretos, de palabras (cuestións filolóxicas) ou de seres humanos abstractos (cuestións ontolóxicas). A filosofía de Platón, pensaba el, nada tiña que ver cos meus veciños Marcial O Lercho ou María A Chirivichela.

 merda2   Nin demasiado alto nin demasiado baixo, estou logo dicindo que a filosofía debe voar a media altura? Si e non. Si porque é unha consecuencia lóxica do que acabo de dicir, e un profesor de Filosofía non pode renunciar á lóxica. Non porque a media altura non existe. Depende de cada persoa e de cada circunstancia. Para ver a terra como unha esfera, hai quen necesita viaxar á Estación Espacial Internacional e hai a quen lle chega con vela nun documental da Segunda. Para sentirse superior aos demais, hai quen, como Hitler, necesita elevarse ata unha altura que lle permita ver a todo o pobo alemán, e hai quen se conforma con elevarse, como Dalí, ata unha altura que lle permita verse a si mesmo. Para ver se un ten éxito na vida hai que necesitar elevarse ata un lugar onde poida ver o planeta enteiro, como Amancio Ortega ou Bill Gates, e hai a quen lle chega elevarse ata un lugar onde poida ver a casa dos veciños. O mesmo pasa na filosofía. Hai filósofos que recomendan voar ata o mesmísimo ceo, como Hegel (a verdade é o Espírito Absoluto), e outros, como Sócrates, que se conforman con voar (Coñécete a ti mesmo) ata o teito do seu propio cerebro.

      A que lle chamo eu, xa que logo, voar a media altura? Lede a Montaigne, e saberédelo. Só porei un exemplo. Montaigne cría que os caníbales eran mellores que moitos homes civilizados pois os caníbales comen as vítimas cando xa están mortas, en vez de atormentalas vivas como os militares e os europeos. Un pensamento que pode aplicarse a Xulio César, Hitler ou Donald Trump, pero tamén a eses veciños meus que maltratan mulleres, persoas hipotecadas ou traballadores das súas empresas.

3 comentarios en “O Logos da Chirivichela

  1. 1- Cuánto me alegro que mi erial cacográfico te eleve hasta ese 8000 la autoestima pero, ves, ahí ya no estoy de acuerdo contigo porque tu terreno mental es fértil y está bien abonado.
    2- Menos mal que el ” canino ” iba provisto de un tonel, ¡¡ así cualquiera!! llevaba la bacinilla siempre encima.
    3- Hoy Pepe o Crecho y Loliña a Fucheira me han dado recuerdos para Marcial o Lercho y María a Chirivichela.
    4- Aflicción la mía el no poder recibir ese artículo diario. La vida es así de ingrata.
    Lanzo un besiño al Everest desde Palmeira

  2. Dióxenes era cínico, que é o mesmo que dicir canino. E como can pretendía vivir. E que fai un can (non humanizado) se lle veñen ganas no medio do ágora? Parafraseando a Azorín, ese can non cambiaría unha cagada chea de impropiedades na que alenta a vida, por unha cagada de pureza intachable na que non alenta a vida.
    No páramo da miña autoestima literaria elévase un Everest cada vez que leo os teus comentarios. Mágoa non poder escribir un artigo diario.
    Apertas rianxeiras

  3. Querido profesor: Ya sabes que a veces no estoy de acuerdo contigo pero, en que filosofes con ciertas cosas ( aunque a algunos les sorprenda ) ahí, cabe la reflexión. Además cada cosa tiene su belleza, aunque no todos pueden verla. Seguro que conoces una frase de Azorín que viene a cuento y ahora mismito te la recuerdo: ” No cambiaría una prosa llena de impropiedades en que alentara la vida, por otra, sin vida, en la que la pureza y la propiedad fueran intachables”. Lo fisiológico es vida y sin ello no habría aliento.
    Y ya que has citado a Montaigne acabo con esta otra ” La pobreza de vienes es fácilmente remediable, mas la pobreza del alma es irreparable “. No sé los vienes que posees ni tampoco me importa pero, te aseguro que eres rico en sabiduría y simpatía. Ahí va eso !!
    La respuesta emblemática de Montaigne ante preguntas que no necesariamente quería contestar era ” Que sais- je ? ” Así que ya lo sabes. A Palabras necias… Qué sé yo?
    Y ya me contarás qué hacía Diógenes en medio de la plaza. ( mira, ya te doy pie para otro tema )
    Saludos a Marcial o Lercho y a María a Chirivichela y para ti un abrazo de altos vuelos, hasta el techo de tu cerebro que ya es decir.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *