Gonzalo Trasbach. Como nada foi alleo á súa mirada, tampouco lle quedou atrás a fotografía. O mesmo que se ocupou do centeo, da herba, das vacas, dos enterros dos campesiños e das facturas dos veterinarios, así tamén lle dedicou sobresaíntes comentarios á función da fotografía no mundo contemporáneo, e ademais resaltou os aspectos artísticos das obras dos mellores fotógrafos: “Para entender a fotografía” (GG, 2016). A súa mirada está tamén adestrada no terreo urbano. Porque foi un gran viaxeiro: Dublín, París, Grecia, India, Turquía, Moscova, México, Barcelona, Madrid, Lisboa, Nova York… Seguir lendo Feliz aniversario, Mr. Berger (III)
Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach
Feliz aniversario, Mr. Berger (II)
Gonzalo Trasbach. Contáranche unha vez que se marchara da súa cidade cando se decatou que a atmosfera artística londiniense estaba viciada, enrarecida. Que necesitaba aire fresco para relanzar a súa escrita e revitalizar a súa vida. Logo de percorrer case toda Europa atopouno na montaña, nunha aldea da Alta Saboya francesa. No trato cos campesiños, escoitando as súas historias orais, que fican coa morte deles, vendo as súas mans, que serven para facer cousas concretas, non elucubracións, a escritura de Berger cargouse de sal e terra, de traballo e sentido, materiais cos que a propulsa coma un foguete. Seguir lendo Feliz aniversario, Mr. Berger (II)
Feliz aniversario, Mr. Berger (I)
Gonzalo Trasbach. Estás sentado na herba recostado contra o muro da capela de San Martiño. Unha doce brisa arrola as ramas das árbores da súa contorna. Axitadas polo vento, as follas caen coma se fosen folerpas de neve. Pechas os ollos e, concentrado no silencio do medio día, sentes o lene ruído que fan ao chocar contra o chan. Cando abres os ollos a luz é tan radiante que tes a impresión de ter quedado cego: xa non ves as árbores. E, con todo, escoitas o piar dos paxaros que xogan entre as pólas. Segues sentado. E, de súpeto, chégache o olor da herba. Logo, semella que o vento chama polo teu nome, mentres as follas bailan, aplauden e rin. Pechas de novo os ollos e diante de ti ábrese un espazo en branco. Seguir lendo Feliz aniversario, Mr. Berger (I)
Leonard Cohen di adeus cun disco excelente
Gonzalo Trasbach. I’m ready my Lord. Así di Leonard Cohen (Canadá, 21 de setembro, 1934) na canción que abre “You Want It Darker”, o décimo cuarto álbum do cantante, escritor e poeta canadense, que recentemente acadou a moi honorábel idade de 82 anos. A principal novidade neste traballo do compositor da moi celebrada e aínda lembrada Suzanne é que soa a despedida, a un adeus definitivo tanto da actividade artística coma deste mundo cruel. Seguir lendo Leonard Cohen di adeus cun disco excelente