Feliz aniversario, Mr. Berger (I)

bergerGonzalo Trasbach. Estás sentado na herba recostado contra o muro da capela de San Martiño. Unha doce brisa arrola as ramas das árbores da súa contorna. Axitadas polo vento, as follas caen coma se fosen folerpas de neve. Pechas os ollos e, concentrado no silencio do medio día, sentes o lene ruído que fan ao chocar contra o chan. Cando abres os ollos a luz é tan radiante que tes a impresión de ter quedado cego: xa non ves as árbores. E, con todo, escoitas o piar dos paxaros que xogan entre as pólas. Segues sentado. E, de súpeto, chégache o olor da herba. Logo, semella que o vento chama polo teu nome, mentres as follas bailan, aplauden e rin. Pechas de novo os ollos e diante de ti ábrese un espazo en branco. Pouco a pouco vaise acercando unha sombra que devén nunha cara con dous ollos azuis coroada cunha cabeza nevada. Si. Dáste conta de quen é ese rostro que xurdiu case de repente. Lembras que o calendario marca o cinco de novembro e que é o seu noventa aniversario: John Berger (Hackney, Londres, 1926).

Preguntas: cando entrou o escritor inglés na miña casa? A finais da década dos oitenta. Si. Xusto pouco despois da publicación en España de “Puerca tierra” (Alfaguara), con tradución da súa fiel Pilar Vázquez, o primeiro volume dunha triloxía que se completaría coas novelas “Unha vez en Europa” (1992) e “Lila e Flag (1993), tamén no mesmo selo. Hai uns anos Rinoceronte editou en galego “Porca terra”, en versión de Xoán Abeleira.“Pig Earth” conta cun epílogo que é un dos máis demoledores ensaios que un teña lido sobre a existencia real do campesiñado en Europa e como a súa forma de vida e a súa cultura estaban condenadas á desaparición, coma así ten sido.porca-terra Quen non o crea, que se dea unha volta por Os Ancares, O Courel ou polo interior da provincia de Ourense para comprobalo. Para algúns este texto é inesquecíbel porque foi ademais o eixe sobre o que xirou unha das sesións de debate do Seminario de Filosofía que se desenvolveu ao longo de varios anos no pazo do Picón, con Ignacio Castro Rey como anfitrión, e que contou na súa xornada de apertura coa presenza de Uxío Novoneyra.

Pensas que Berger pode ser descoñecido para o gran público. Mais coidas que é indubidábel que é dun dos pensadores británicos máis radicais e influentes dos últimos sesenta anos. Lembras que nunca renunciou de todo ás ferramentas do marxismo á hora de analizar a situación política e económica do mundo, unha actitude que quedou definida a lume cando gañou o Booker Prize coa novela “G” (Alfaguara, 1972), o máis grande premio das letras de Gran Bretaña. Entón decidiu entregar a metade da contía aos Panteras Negras de Londres e a outra metade reservouna para empregala no desenvolvemento dun traballo sobre os emigrantes europeos oprimidos, dado a coñecer en 1975 co título de “A Seventh Man”, recentemente reeditado por Capitán Swing, no que conta coa colaboración do fotógrafo suízo Jean Mohr.

5 comentarios en “Feliz aniversario, Mr. Berger (I)

  1. Súmome ao teu pesar pola morte de John Berger. A parte das consideracións xerais, teño que agradecerlle moito dúas ensinanzas. Que se pode ver o mundo de moitas formas, e que a ideoloxía non é incompatible coa intelixencia.
    Saúdos

  2. Boas tardes. Pensei moito durante este día en Berger. E lembreime que o comentario que fixen para conmemorar o seu noventa aniversario pode ben server para renderlle a nosa admiración dende as páxinas deste Cafebarbantia. Ata sempre querido Mr. Berger.

  3. Querida Magdalena. Non me sexas demasiado modesta. O importante non é ter ou non. O importante e querer …, neste caso aprender. Eu non nacín aprendido e outros coma min tampouco. Un descubre cousas, autores, músicos, porque escoita e ten amigos que si saben moito. Eu escoito e logo peneiro. Como todos. Sigue adiante, sigue pondo a carne no asador para avanzar, e non te preocupes. Por certo, quixera aproveitar este espazo para felicitar a Antón e a Xosé Ricardo pola gran intervención do venres pasado en Leña Verde. E de xeito especial quero darlle as gracias a Antón, porque me gustou o cambio que fixo no titular deste texto para feliciar ao meu admirado Berger. Apertas.

  4. Buenas tardes Gonzalo: Sé que me hago repetitiva pero, aunque así sea es un placer leer a gente como tú. Desconozco el entorno de la capilla de San Martín pero he cerrado los ojos y he visualizado todo lo que narras, las hojas secas agitadas por el viento cayendo acompañadas del piar de los pájaros, el sol, el silencio, me ha agradado ese entorno desconocido pero imaginable. Cuando un escritor sabe transmitir, es bueno, y como diría Julio Iglesias, ” Tú eres bueno… y lo sabes.”
    He mirado en el ordenador quién era John Berger. No conocía de nada a ese escritor, pintor, y crítico de arte. Ya ves mi cultura a que altura está. Gracias a gente como tú, puedo indagar y reparar un poquito mi ignorancia. Si nos ocupamos de cualquier lectura útil y agradable, estaremos libres del tedio y aprenderemos cosas desconocidas y nuevas .
    Gracias por estos momentos de buena lectura y continúa haciéndonos felices.
    Saludos palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *