Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach

Defuntos: visita ao camposanto

flores1Gonzalo Trasbach. Gris mañá de outubro: é o tempo das pantasmas de outono. Visitas o cemiterio de Abanqueiro, onde descansan case todos os teus mortos. O repique da campá anuncia un enterro. De repente, comeza a chover miudiño. A banda sonora da túa vida irrompe no teu dial cando te detés diante das tumbas dos avós: un día de setembro de 1949. Contabas sete meses e túa nai levábate nunha cesta de corres para lavar a roupa no regato que serpea por entre a aldea. Hai olor a figos maduros no aire e na luz do mediodía. Nesa mesma data, unha moza orfa xudía inglesa pasaba a xornada nunha praia italiana cunha panda de xente na cal se atopaba un tipo famoso: Orson Wells. Seguir lendo Defuntos: visita ao camposanto

American Smoke, de Iain Sinclair

americansmokeGonzalo Trasbach. America Smoke. Viajes al final de la luz é a segunda obra de Iain Sinclair traducida ao castelán. Tamén é a segunda que cae nas miñas mans. A primeira chegoume o ano pasado baixo o título La ciudad de las desapariciones, de cuxa tradución se encargou, como neste caso, Javier Calvo para o mesmo selo, Alpha Decay. Así pois, aínda que leva publicando dende a década dos setenta do pasado século, o autor británico nado en Gales (Cardiff, 1943), pero afincado en Londres, é máis ben pouco coñecido, e poida que recoñecido moito menos, entre nós. Este escritor e realizador de cine estivo dende os primeiros pasos da súa traxectoria vinculado á vangarda británica. Seguir lendo American Smoke, de Iain Sinclair

Stein e Weil, pensadoras e mártires ou santas?

isteine001p1Gonzalo Trasbach. Cando me perdo no bosque de papeis (artigos, revistas, recortes de prensa…) que teño gardados no faiado, onde acudo con ánimo de rarealo un pouco, atópome con apuntamentos que xa tiña esquecidos, que nin sequera me imaxinaba que estaban alí agochados, agardando a miña visita. Estoutro día encontrei un magnífico artigo do grande escritor mexicano Carlos Fuentes (11 de novembro 1928-15 de maio 2012). Foi el que me presentou dúas das mulleres que compoñen a miña ampla galería de voces femininas. Son dúas criaturas que non sei se, ademais de pensadoras, cualificar coma mártires ou santas. Seguir lendo Stein e Weil, pensadoras e mártires ou santas?

Nick Cave levanta unha obra de arte coas cinzas do seu fillo

cave1Gonzalo Trasbach. Con motivo dunha tráxica noticia, no verán do 2015 citei por vez primeira nesta páxina web a Nick Cave. Entón, relataba que, pese a que tiña unha ferida de morte no corazón, levoume da man ata a cabana de Karen Dalton, unha muller por cuxas veas corría sangue cheroquí, e que posuía unha das voces máis tristes da década dos sesenta. A segunda vez que o nomeei foi a conto de falar de “Mai e fillo”, o filme de Sokúrov que o australiano contemplara nun cinema do Soho londiniense, onde chorou dende o principio até o final. Pois ben, agora vou escribir de novo sobre o autor do fabuloso “The Boatman’s Call” (1997), o álbum que me vén sempre á cabeza cando paso por diante do Brompton Oratory, en Londres, onde, se mal non recordo, compuxo Into My Arms. Seguir lendo Nick Cave levanta unha obra de arte coas cinzas do seu fillo