Stein e Weil, pensadoras e mártires ou santas?

isteine001p1Gonzalo Trasbach. Cando me perdo no bosque de papeis (artigos, revistas, recortes de prensa…) que teño gardados no faiado, onde acudo con ánimo de rarealo un pouco, atópome con apuntamentos que xa tiña esquecidos, que nin sequera me imaxinaba que estaban alí agochados, agardando a miña visita. Estoutro día encontrei un magnífico artigo do grande escritor mexicano Carlos Fuentes (11 de novembro 1928-15 de maio 2012). Foi el que me presentou dúas das mulleres que compoñen a miña ampla galería de voces femininas. Son dúas criaturas que non sei se, ademais de pensadoras, cualificar coma mártires ou santas. As dúas, coido, forman parte do equipo máis sobresaínte de filósofas do século XX, estando no podio xunto con Hannah Arendt (Hannover, 1906-Nova York, 1975) e a nosa María Zambrano (Málaga, 1904-Madrid, 1991). Estou a falar de dúas raras aves do panorama filosófico de comezos do século pasado e que ao mesmo tempo reúnen a condición de ser xudías: a alemá Edith Stein (1891-1942), que foi canonizada en 1998, e a francesa Simone Weil (1909-1943), que non o foi, pero ben que o merecía tamén.

Stein foi discípula de Edmundo Husserl (1859-1938), o fundador da corrente filosófica chamada fenomenoloxía. O autor das “Meditacións cartesianas”, na Universidade de Fribugo, preferiuna de axudante de cátedra antes ca un Martín Heidegger (1889-1976) que estaba destinado ao cumio filosófico moderno, entrou no Carmelo en 1921 e converteuse en sor Benedicta de la Cruz, pero nunca renunciou ás súas raíces hebreas. cienciaAlegou que o antisemitismo era un cristicidio e foi quen de reclamarlle a Pío XII –Eugenio Pacelli-, o papa pro xermán, unha encíclica para protexer aos xudeus. Non obtivo resposta do mandatario do Vaticano e Edith Stein, logo de ser arrebatada da protección da Igrexa e deportada polos nazis ao campo de Dachau, morrería en Auschwitz no 1942. Pero antes legounos esta aseveración tremenda e certeira: “A razón divídenos. A fe únenos”, contida no seu libro La ciencia de la cruz.

A francesa Simone Weil foi alumna e seguidora de Alain (Émile-Auguste Chartier, 1868-1951), profesor, periodista e filósofo, e fiel ao seu mandato pedagóxico: re-pensalo todo a partir da lectura, cada ano, dun filósofo e dun poeta. O mestre francés dicía non ser nin comunista nin socialista: “Pertenzo á eterna esquerda, á que nunca exerce o poder que por esencia se inclina ao abuso”. Pero ademais de re-pensalo todo, Simone implicouse a fondo para pór en práctica os seus ideais de educación e xustiza para lograr unha humanidade máis sabia e máis libre. As súas citas, dunha rotundidade como montañas rochosas, aparecen como referencias do seu pensamento, marcado por un itinerario vital e intelectual que se manifesta en tres direccións: busca continua e apaixonada da verdade, o que a leva a estudar filosofía e a interesarse por todas as manifestacións relixiosas. Unha acentuada pureza natural que se asombra da beleza do mundo da arte ou da presenza de Deus. E unha vulnerabilidade fronte á desgraza das clases máis desprotexidas da sociedade, o que a conduciu a loitar por mellorar as súas vidas.

Simone-Weil.1200Por iso pasou de ser unha profesora universitaria de prestixio e brillante para ir traballar coma obreira nunha fábrica nunhas condicións infrahumanas, e de ser unha nena mimada da alta sociedade a converterse nunha miliciana austeramente vestida. Afastada de todo moralismo, Simone Weil dixo que a beleza é a reconciliación do azar e do ben. A pesar da súa curta vida, viviu dúas guerras mundiais e tamén participou na Guerra Civil Española, como voluntaria na Columna Durruti. Foi unha cristiá fóra da Igrexa, á que criticaba coma unha institución dogmática e burocrática. Ela só quere estar con Deus e actuar libremente e, a través do seu amor a Deus, é como se sente dona do seu libre arbitrio. O 15 de abril de 1943 morreu de inanición nun hospital inglés, logo de que se lle prohibise enrolarse na resistencia francesa. Entón negouse a comer máis cá ración diaria dun prisioneiro nun campo, a pesar de que xa a minaba a tuberculose. Do libro que teño, O coñecemento sobrenatural (Editorial Trotta) recollo, para rematar, esta frase: “Lucifer é moi probablemente un astro que rompeu a orde dos fenómenos celestes”.

4 comentarios en “Stein e Weil, pensadoras e mártires ou santas?

  1. Boas noites, Magdalena. Coido que é así como ti dis. Gracias unha vez máis por darlle “vidilla” a este espazo. Cordias saúdos.

  2. Ante todo, gracias Gonzalo por tu extensa respuesta en contestación a lo que yo te escribí . Ahora acabo de leer tu artículo dedicado nuevamente a la mujer – en esta ocasión a dos – Artículo excelente como todos los que escribes, y la introducción , a diferencia del resto del artículo me hizo sonreír. ” onde acudo con ánimo de rarealo ” referente a los papeles que tienes en el fayado.
    Sobre las dos protagonistas nada puedo decir porque desconozco su biografía, pero me dio mucha pena lo que cuentas de que Pio XII hizo caso omiso a su petición . ¿ No fue el mismo papa que bendijo los cañones para la guerra ? Si es así probablemente se encuentre ya con ese ” astro que rompió el orden de los fenómenos celestes ” .
    No es que yo se lo desee pero, como dice el refrán ” Afánate de tus obras y no de tus pergaminos.
    Saludos palmeiráns.

    1. Disculpen vostedes. Lanzo un sos xeral. Alguén sabe algo acerca dunha moza cantante de Ourense que se chama MAREM LADSON? Só sei que fixo de telonera de Laura Gibson nun concerto en Madrid e que, aos seus 18 anos e sen ter ningún disco gravado, eclipsou a vocalista de Oregón. Se alguén me pode facilitar algunha información sobre esta nosa prometedora estrela, que me avise. Moitas gracias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *