Gonzalo Trasbach. Pero a pesar do triúnfo acadado con “Running Up That Hill (A Deal With God)”, un dos hit singles máis estraños e hipnóticos da historia da música pop, uns anos despois a nosa dama retirouse das luces da escena, dos focos do espectáculo, e novamente perdeuse na campiña inglesa. Uns falaron de cuestións persoais (quería parir e criar o seu fillo), outros aduciron razóns profesionais [a súa creatividade quedou atrapada nun charco de lama logo da decepción que supuxo “The Sensual World” (1989) e do despropósito que resultou ser “The Red Shoes” (1993) Seguir lendo Amamos a Kate Bush como Heathcliff a Catherine Earnshaw? (II)
Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach
Amamos a Kate Bush como Heathcliff a Catherine Earnshaw? (I)
Gonzalo Trasbach. Hai criaturas que temen a noite, a escuridade. Son as chamadas fillas da luz. Só son capaces de durmir cando comeza amencer. Pero hai outras que teñen querenza polos espazos de sombras e apartados, e por iso necesitan de vez en cando afastarse dos focos da vida pública, para vivir coma nunha especie de clandestinidade e así manter relacións cos espíritos, cos espectros, coas pantasmas, coa materia prima do sagrado. Estas son criaturas cunha vida moi guadianesca. Seguir lendo Amamos a Kate Bush como Heathcliff a Catherine Earnshaw? (I)
Nico. A nosa musa morreu triste e soa (II)
Gonzalo Trasbach. Máis tarde volveu cambiar de imaxe e dedicouse ao consumo de heroína. Cando coñeceu o cineasta experimental francés Philippe Garrel, instaláronse en París nun piso sen electricidade e enchérono de candeas (as candeas sempre a fascinaron). Nese tétrico escenario, a cantautora compuxo “Desertshore (1971), un disco para a máis grande gloria da súa voz e harmonio, onde Cale engade outros instrumentos e comparte a produción con Joe Boyd. Seguir lendo Nico. A nosa musa morreu triste e soa (II)
Nico. A nosa musa morreu triste e soa (I)
Gonzalo Trasbach. Pensando nos vellos amigos, lémbrome de que algúns compartíamos, entre outras, unha musa común: unha loura de pómulos marcados e mirada afiada, unha valquiria de boca moi sensual, talvez de nena caprichosa, e floco caéndolle na fronte. Chamábase Christa Päffgen (Colonia, 1938-Ibiza, 1988). Adoptou o nome de Nico aos 21 anos logo dunha etapa como top model que a levou a traballar para Chanel. Coñecina naquela nosa televisión en branco e negro a través dun anuncio publicitario da casa Terry. Coa súa melena trigo maduro, vestida cunha longa camiseta branca (unha T-shirt) que lle deixaba ao aire as súas esculturais pernas. Seguir lendo Nico. A nosa musa morreu triste e soa (I)