Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach

Einstein e o vello Poincaré

einsteinGonzalo Trasbach. Hai cen anos, un mes de novembro de 1915, Albert Einstein (Ülm, Alemania, 14/3/1879, Princeton, USA, 18/4/1955) presentou a Teoría Xeral da Relatividade no transcurso dunha conferencia que ditou na Academia Prusiana da Ciencia. Aínda que non son físico nin matemático, por este motivo un quixera renderlle ao egrexio científico unha humilde homenaxe. Só pretendo dar unhas poucas referencias sobre este xenial físico xudeu, un dos máis eminentes do século pasado, e que coincidiu cunha ampla constelación de incomparábeis químicos, físicos coma el, matemáticos e mesmo filósofos e artistas. Seguir lendo Einstein e o vello Poincaré

Steiner e “Os mortos”, de Joyce

errataGonzalo Trasbach. Conta Steiner en Errata (Siruela) que, cando aínda era estudante en Chicago, unha noite un grupo de compañeiros presentouse na súa habitación coa idea de que lles axudara a preparar un exame de literatura. El creu que lles podía ser útil con Los muertos, o relato que pecha Dublineses. Deste xeito, moitos anos despois da miña primeira lectura, volvín coller nas miñas mans o volume de James Joyce que me custou 300 pesetas nos últimos anos da década dos 70. O texto, como se pode comprobar, está cheo de multiplicidades, destaca pola súa absoluta musicalidade, algo que sempre caracteriza a escrita do irlandés, e no que ademais as cancións e os títulos destas son dunha importancia indubidábel. Seguir lendo Steiner e “Os mortos”, de Joyce

Falemos de Nina Simone

nina1Gonzalo Trasbach. Veu ao mundo no seo dunha familia humilde e tiña un don innato para a música. Adestrouse dende nena para chegar a ser unha pianista clásica. Pero a cor negra da súa pel resultou un atranco definitivo para superar o corte de admisión no Curtis Institute de Filadelfia. Contaba 17 anos. O rexeitamento racista impediulle acadar os luxosos púlpitos da música clásica e condenouna a cantar nun bar cutre de Atlantic City. Nacida coma Eunice Waymon nunha aldea de Carolina do Norte (1933), pero bautizada artisticamente coma Nina Simone, ao parecer na honra da actriz francesa Simone Signoret, aquel traumático episodio marcou a carreira dunha das máis célebres damas de ébano do jazz e do soul. Seguir lendo Falemos de Nina Simone

A espiritualidade hipnótica de A Love Supreme

a love supremeGonzalo Trasbach. É acaso unha falsidade dicir que hai unha referencia e autorreferencia a unha dimensión transcendente ou relixiosa na arte dende as covas de Altamira até Ribera ou Bill Viola? E que podemos dicir da música? Acaso a música e o metafísico e o sentimento relixioso ou mesmo o místico, non teñen sido sempre virtualmente inseparábeis? Algunha vez teño escoitado que é un tópico todo o que poidamos comentar a calquera ser humano a quen a música conmove ou a quen a considere dadora de vida. Seguir lendo A espiritualidade hipnótica de A Love Supreme