Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach

Con Nick Cave e Karen Dalton

trasbach1Gonzalo Trasbach. Coma noutras cousas da vida, cheguei tarde á cabana asolagada de pobreza e tristura na que naceu, creceu e morreu Karen Dalton. Pero cheguei. Até a súa porta levoume collido do brazo un dorido Nick Cave. Fun ao porto de Brighton buscalo coma remeiro da potente e poderosa traíña chamada The Boatmen Call. Topei o australiano camiñando á noitiña sobre un acantilado rodeado de escuma branca, onde talvez agardaba escoitar unha resposta á urxente e tenra voz que chamaba polo seu fillo dende o máis dentro do seu corazón fendido. Seguir lendo Con Nick Cave e Karen Dalton

Janis: Little Girl Blue

Janis 1-Sheet final.inddGonzalo Trasbach. Todo apunta na dirección de que este ano sexa nomeado coma o dedicado aos documentais sobre a vida e a traxectoria artística dos chamados “malditos” do rock e do pop. Desde que arrancou o 2015 xa sabemos de dous: un sobre Amy Winehouse e outro sobre Kurt Cobain. Hai uns días, na Mostra de Venecia, a directora e produtora norteamericana Amy Berg presentou fóra de concurso Janis: Little Girl Blue, unha travesía de 100 minutos que afronta a complexa odisea de Janis Joplin, unha moza talentosa, pero con tendencias autodestrutivas, inxenua, ambiciosa e insegura. En suma, unha artista extrema na súas formas vitais e na súa arte que ten en común con Winehouse e Cobain que os tres morreron aos 27 anos. Seguir lendo Janis: Little Girl Blue

Son os matemáticos xente rara?

Grigory Perelman2Gonzalo Trasbach. Hai xa uns anos, nunha cea cun grupo de amigos, un deles cualificou de “xente moi rariña” o matemático Grigory Perelman. A aparente razón para dedicarlle tal cualificativo era que se negara a recoller a Medalla Fields, equivalente ao Nobel das matemáticas e premiado cun millón de dólares. Perelman recibiu tan alta consideración por ter dado coa solución para un dos máis fascinantes problemas matemáticos, sen resolver dende 1904: a famosa conxectura de Poincaré. O que nunca souben é o motivo real dese “xente moi rariña”. Sería talvez polo millón de dólares: quen nos seus cabais na nosa sociedade renuncia a semellante  cantidade de diñeiro? Seguir lendo Son os matemáticos xente rara?

Iain Sinclair, unha sorpresa en agosto

la ciudadGonzalo Trasbach. Agardei tanto tempo por este libro que cando o merquei entroume temor a que me decepcionase. Así pois, optei por deixalo enriba da mesa mentres ía lendo outros. Dei conta del durante este irregular agosto. E non só me gustou, sorprendeume e mesmo me entusiasmou na súa meirande parte. Deste feito son testemuñas as 97 frases que arrinquei del para pasalas aos meus cadernos de notas. Un dos motivos polos que necesitei tanto tempo para atopalo é que o seu autor, Iain Sinclair (Gales, 1943), do que tiña oído falar, nunca fora traducido ao castelán, segundo confirma Javier Calvo, quen se encargou de traducir, de escribir o prólogo e tamén de reunir os textos que configuran La ciudad de las desapariciones (Alpha Decay, 2015). Seguir lendo Iain Sinclair, unha sorpresa en agosto