Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach

Brian Jones na memoria

brian-jones1Gonzalo Trasbach. Na madrugada do 3 de xullo o 1969, Brian Jones, o fundador dos aínda moi celebrados, odiados ou amados, Rolling Stones, apareceu morto, afogado na piscina da súa casa, mentres os seus compañeiros de banda, da cal fora expulsado polos seus problemas coas drogas, atopábanse nun estudio de gravación. Os Stones tiñan previsto ofrecer dous días despois en Hyde Park un concerto gratuíto. En vez de aprazalo, as súas satánicas maxestades (agora aborrecíbeis maxestades) presentaron a ocasión para realizar unha homenaxe ao falecido. Seguir lendo Brian Jones na memoria

Comité Invisible: Aos nosos amigos

a nuestros amigosGonzalo Trasbach. Sete anos despois de La insurrección que viene (Melusina), libro que, paradoxalmente, se converteu nun best-seller mundial, o Comité Invisible ten posto nas librerías unha nova publicación: A nuestros amigos (Pepitas de Calabaza), onde volve a falar da revolución e a pensar no xeito de acabar co prolongado reinado do capitalismo, un volume no que este colectivo de escritores galos fustriga con moita carraxe a estupidez galopante da nosa época, sen que se libren da súa furia nin o noso progresismo dominante nin sequera a considerada máis esquerda da esquerda. Seguir lendo Comité Invisible: Aos nosos amigos

No día de Molly e Bloom

Bloomsday-2012Gonzalo Trasbach. …Se o coñecesen tan ben coma min si porque antonte estaba esborranchando algo coma unha carta cando entrei na saliña por mistos para ensinarlle o da morte de Dignan no xornal coma se algo mo tivera avisado e el tapouno co secante facendo coma que pensaba en negocios así que moi probablemente iso era para algunha que se imaxina que o conquistou porque todos os homes póñense un pouco así a súa idade especialmente para os corenta como el… É este un pequeno corte (traducido por un mesmo) do último capítulo do Ulises, que consiste nun longo monólogo interior sen puntuación que reflicte os pensamentos de Molly, a muller de Leopoldo Bloom, un dos personaxes centrais do afamado libro de James Joyce, que se editou por vez primeira en 1916. Seguir lendo No día de Molly e Bloom