Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach

Billie Holiday: a grande diva de ébano do jazz

billie_holiday-01Gonzalo Trasbach. Considerada a herdeira directa da magnífica e valente Bessie Smith, primeira estrela que brillou na extensa constelación das deusas de ébano que poboaron o mundo sonoro do jazz e do blues e que faleceu aos 39 anos, Billie Holiday viviu un calvario que talvez endexamais se imaxinara. Pero ao lombo das súas desgrazas ou das súas turbulentas experiencias sentimentais e do consumo de drogas arruinou a súa integridade física e mental. Unha sobredose de heroína acabou coa súa vida aos 44 (1959). A estilizada e “pérfida” Diana Ross encarnou o seu sórdido drama no filme Lady sings the blues, cinta baseada na autobiografía que, baixo o mesmo título, no seu día editou en España Tusquets. Seguir lendo Billie Holiday: a grande diva de ébano do jazz

A lene fariña das horas

cafe 1Gonzalo Trasbach. Mentres fumo un pito no balcón, nun instante fico enfeitizado ollando o misterioso brillo que desprenden as pólas das árbores baixo a agrisada luz da tarde. Aquilo que ata hai pouco parecía durmido, agochado tralas codias, revive cunha vitalidade e forza inauditas. Ante o meu asombro, anúnciase un estoupido de luz e cor. Aquí está a primavera. Seguir lendo A lene fariña das horas

Pontes co diaño, de Ignacio Castro

pontes co diaña 1Gonzalo Trasbach. Pontes co diaño. Encontros con Ignacio Castro, editado polo pequeno selo santiagués Edicións Corsàrias, é un libro de entrevistas co filósofo, profesor, crítico de arte e axitador cultural compostelán. Entrevistas que transcorren polos camiños máis diversos, dende as novas tecnoloxías ao turismo, dende Os Soprano ata o conflito de Ucraína. Estruturado nunha ducia de conversas ordenadas segundo as datas nas que se realizaron, en tempos e estilos moi diferentes, o mínimo común denominador do volume consiste en desentrañar toda a complexidade que nos arrodea para captar algo que non cambia de década a década, de século a século. Seguir lendo Pontes co diaño, de Ignacio Castro