Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach

Ava: a muller na sombra da lenda

Ava_Gardner_Show_Boat_1951Gonzalo Trasbach. Segundo conta a lenda, foron moitos os homes que pasaron pola vida de Ava Gardner: <El animal más bello del mundo>, como afirmou no seu día Ernest Heminway. O seu paso por España foi tórrido e ateigado de escándalos, soados escándalos con luz e taquígrafos. Chegou para rodar unha película, pero o noso país enganchouna coma un chute nas veas. Neste sentido dixo nunha ocasión: <Me encanta España, porque se parece a mí. Es violenta, rural y caprichosa>. Ava veu ao mundo nunha pequena vila de Carolina do Norte (USA) na alta noite dun 24 de decembro de 1922. De seguir entre nós acadaría os 99 anos o vindeiro día de Noiteboa. Seguir lendo Ava: a muller na sombra da lenda

Que é iso que chamamos felicidade?

978841782449Gonzalo Trasbach. Se a memoria non me falla, coido que foi Jacques Lacan quen nalgunha ocasión tiña dito que probablemente non había ninguén neste noso mundo que puidese definir cun mínimo de precisión que é iso que chamamos a felicidade, iso que parece que os humanos estamos obrigados a buscar coma se fose un imperativo categórico que debemos cumprir como sexa. Doutro lado, lembramos que desa palabra, partíndoa pola metade, obtivo a poeta Olga Novo o título do seu último e fantástico poemario: Feliz Idade. Neste libro hai na primeira páxina unha cita de Jorge Luis Borges fabulosa, como fabulosa é toda ou case toda a obra do arxentino. Seguir lendo Que é iso que chamamos felicidade?

Buena Vista Social Club, 25 anos despois

81tgFNHw2PL._SY355_Gonzalo Trasbach. Cuba: son e ritmo. Música. Sensualidade e cadeiras cimbrando. Bocas pintadas, frescos sorrisos. Luxuria salgada nas rochas do malecón. A Habana. Silencio e ruído. Ateigada de cornechos misteriosos. Nenos xogando na escuridade morna da noite en rúas poeirentas. Escunchada coma unha vella desdentada bailando un bolero cun puro na boca. Mirada de bicha que che di ao pasar: <Si te tratan mal allá, ¡vente pa´ca, mi amol!”>. Seguir lendo Buena Vista Social Club, 25 anos despois

En espera, un tratado sobre unha violencia perfecta

9788412113662Gonzalo Trasbach. Despois de dous amplos libros anteriores, Ética da desorde e Choiva  oblicua, en cuxas páxinas podemos atopar momentos dunha potencia reflexiva e poética pouco frecuentes, Ignacio Castro Rey (Santiago, 1952) regresa á súa querenza anterior, unha aceda belixerancia con esta normalidade social, falsamente interactiva e horizontal. Castro actualiza agora unha enérxica crítica que se nutre dun optimismo existencial condensado nun formato breve, aínda que non menos contundente: En espera. Sobre a hipótese dunha violencia perfecta ( LaOficina). Perfecta, suxire este ensaio, porque se personalizou, combinando uns malos tratos globais de fondo co espectáculo das identidades narcisistas. Seguir lendo En espera, un tratado sobre unha violencia perfecta