Xerardo AgraFoxo. Sobre este deporte lembro Novela de xadrez, de Stefan Zweig, A defensa, de Vladimir Navokov e A variante Lünenberg, de Paolo Maurensig. Deste autor tamén lin Teoría das sombras, que comeza na mañá do 24 de marzo de 1946, cando o gran mestre ruso Alekhine aparece morto nun hotel de Estoril. El peón (2020) comeza en Estocolmo no ano 1962, cando dous homes de mundo opostos enfróntase sobre un taboleiro de xadrez: Arturo Pomar, o neno prodixio da posguerra que agora traballa como auxiliar de Correos, encara a súa última oportunidade deportiva contra un campión algo excéntrico, Robert James Fischer. Seguir lendo El peón, de Paco Cerdá
Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
Calle del Perdón, Mahi Binebine
Xerardo AgraFoxo. Esta novela chega despois doutras do mesmo autor como El último viaje de Mamaya (2009), Los caballos de Dios (2010) e Yo, el bufón del rey (2018). Na primeira conta a peripecia de seu irmán Aziz que pasou 18 anos no cárcere de Tazmamart, xunto con outros 56 compañeiros dos cales só sobreviviron 14, por participar no golpe de estado de 1971 contra Hassan II. Unha historia que aproveitaría Tahar Ben Jelloun para escribir a controvertida Sufrían por la luz. Estas escouras valeríanlle a Mahi Binebine (Marrakech, 1959) para tecer Yo, el bufón del rey, onde conta a vida de seu pai Mohamed Ben, que, mentres Aziz sufría no alxube do deserto, facía de pallaso nos salóns reais marroquís, unha lealdade ao soberano que provocaría o desprezo da súa familia. Seguir lendo Calle del Perdón, Mahi Binebine
La forastera, de Olga Merino
Xerardo AgraFoxo. Non sei se esta é a mellor novela que lin ultimamente, pero sei que se trata dunha obra cativadora. Así, segundo o consello da autora de O caderno de Rosalía, cando nos reunimos aquela mañá no Plaza ao redor dun café (Mellor, reseñar os libros que nos gustan), comento este magnífico relato de Olga Merino (Barcelona, 1965): Angie, despois de deixar atrás Barcelona, a onde emigraran seus pais andaluces, e Londres, onde deixa un amor cun pintor inglés, decide retirarse a un vello caserón familiar, situado nunha aldea do sur máis profundo, coa soa compañía de Capitana e Pluto, na procura do acougo que precisa. Así de sinxelo semella La forastera (2020) pero, mentres lemos o primeiro parágrafo (No les tengo miedo. Saben que escondo una escopeta. Seguir lendo La forastera, de Olga Merino
Guardianes de la memoria, de Álvaro Colomer
Xerardo AgraFoxo. O autor desta obra propón unha viaxe por cinco lugares. Cinco sitios onde a historia deixou cicatrices indelébeis. Da súa man percorremos Gernika, Chernóbil, Transilvania, Lourdes e Auschwitz. Cinco lugares estigmatizados por circunstancias históricas e culturais diferentes. Que foi de Gernika despois do masacre da aviación nazi? Como puido suceder a catástrofe de Chernóbil? Como xurdiu a feira de Lourdes? Que pegadas deixou en Transilvania o mito de Drácula e que facemos os turistas tirando fotos nos crematorios de Auschwitz-Birkenau? Como di nas súas reflexións Álvaro Colomer (Barcelona, 1973), logo de percorrer estes lugares, antes de que os nazis bombardearan Gernika, antes de que saltara polos aires o reactor nuclear de Chernóbil Seguir lendo Guardianes de la memoria, de Álvaro Colomer