El peón, de Paco Cerdá

descargaXerardo AgraFoxo. Sobre este deporte lembro Novela de xadrez, de Stefan Zweig, A defensa, de Vladimir Navokov e A variante Lünenberg, de Paolo Maurensig. Deste autor tamén lin Teoría das sombras, que comeza na mañá do 24 de marzo de 1946, cando o gran mestre ruso Alekhine aparece morto nun hotel de Estoril. El peón (2020) comeza en Estocolmo no ano 1962, cando dous homes de mundo opostos enfróntase sobre un taboleiro de xadrez: Arturo Pomar, o neno prodixio da posguerra que agora traballa como auxiliar de Correos, encara a súa última oportunidade deportiva contra un campión algo excéntrico, Robert James Fischer.

Baixo este mcguffin, coñecemos a vida doutros peóns, como Julián Grimau, asasinado polo inquilino do Pazo de Meirás; Rosa Parks, que non quixo baixar daquel autobús; James Meredith, o primeiro negro que se matriculou nunha universidade racista; Dolores Medio, Premio Nadal 1952, que pagou a súa decencia coa represión; Marcos Ana, o poeta que pasou a metade da vida na prisión (Decidme cómo es un árbol); ou Dionisio Ridruejo, autor dun par de versos do Cara al Sol, que dende o exilio escribiu 32 cartas amargas. Tamén pasan por estas apertadas páxinas, ademais de Malcolm X e Luther King, a guerra do Vietnam, as 500 vilas anegadas polo franquismo a crise dos mísiles en Cuba e outros acontecementos convulsos da guerra fría.

Como di Leontxo García, experto nestas cuestións, «é unha obriga moral recomendar este libro». Unha orixinal aposta sobre os peóns que pagaron un prezo excesivo ante a ditadura ou o capitalismo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *