Arquivos da categoría Xerardo AgraFoxo

Noia, refuxio de Berenguel de Landoira

Foto: Marcos Creo

Foto: Marcos Creo

Xerardo AgraFoxo. Cando morreu no ano 1316 o arcebispo Rodrigo de Padrón, os enfronta-mentos entre os burgueses e o cabido compostelán para nomear o seu sucesor trouxeron conse-cuencias insospeitadas. Entre os candidatos que se presentaron para sucedelo, o cabido escolleu dous: Rodrigo Ianes de Parada, sobriño do prelado anterior, e Afonso Iañes, xuíz de Luou. Continue reading Noia, refuxio de Berenguel de Landoira

Anibal e a Pintora, de Xabier Paz

anibal-e-a-pinturaXerardo AgraFoxo. Esta novela está baseada nun feito real, pero antes de explicalo convén saber como se reconstrúe o seu argumento. A obra está alicerzada a partir de tres vértices: Anibal, un profesor de matemáticas que vive nas marxes da sociedade (“A súa misantropía gardaba soterrado un pasado lacerante”), Ela, a Pintora, protagonista dos seus papeis e das súas obsesións, e o narrador da historia (“que conta o que sucedeu logo de morrer o meu amigo Anibal Moreda”). A través destes tres eixos coñecemos a vida de Ela, Artemisa Gentileschi, a pintora italiana violada  un día de maio do ano 1611, cando só tiña dezasete anos, por  Agostino Tassi, un amigo do seu pai, que se comprometeu a casar para que a moza evitara a vergonza pública. Continue reading Anibal e a Pintora, de Xabier Paz

Nova Nursia, de Héctor Cajaraville

nova nursiaXerardo AgraFoxo. Despois da excelente e divertida De remate (Premio Xerais, 2015), onde este autor presentaba unha trama en que mesturaba a realidade galega actual coa crítica máis acerba dalgúns comportamentos políticos, agora nos chega unha obra ben distinta. En Nova Nursia (2018),  retrata a epopea de Frei Rosendo Salvado, o crego de Tui que a mediados do século XIX se embarcou no proxecto de dignificar, a través da misión católica de Nova Nursia, a vida dos aborixes australianos que vivían como “salvaxes” no mato daquel inmenso país. Esta historia que nos narra Héctor  Cajaraville divídese en 21 capítulos, onde un relator omnisciente conta a vida deste bispo galego, pero o libro ten ademais vinte Cartas enviadas por Rosendo Salvado ao seu amigo da infancia Domingo Pires, un explicativo Epílogo e un interesante Posfacio. Continue reading Nova Nursia, de Héctor Cajaraville

A noite do corvo, de Abel Tomé

A-noite-do-corvoXerardo AgraFoxo. Tal como comeza a obra semella que estamos diante doutra novela do xénero negro. Pero todo cambia de sentido cando comprobamos que detrás dunha historia violenta, a morte de catro persoas dunha mesma familia na Casa do Faro de Gothard (“esa maldita illa afastada, non podía ser noutro sitio”), comeza unha pescuda onde o detective Gonçalves (“ atravesar a longa ponte ata a illa xa me daba arrepíos”) intenta indagar as causas destas arrepiantes mortes nun lugar, Beth, onde moran dúas familias encontradas (“Os Faol e os Cárthaig podrecían de diñeiro e o resto de Gothard morría de fame”) que controlan todos os fíos do poder. Continue reading A noite do corvo, de Abel Tomé