Xerardo AgraFoxo. A chegada de estranxeiros mudou o aspecto da vila. Durante un paseo pola estrada principal era posible avaliar que a meirande parte dos turistas eran franceses. Xubilados que decidiran residir nesta localidade con sol permanente, prezos baratos e ambiente apracible. Seguir lendo Somone
Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
Iwel
Xerardo AgraFoxo. A aldea estaba agochada entre un cordal de montes. Os seus habitantes pertencían á etnia bedik, unha das tres que habitaban no triángulo comprendido entre a chaira de Niokolo Koba e a fronteira guineana, un abeiro moi acaído para refuxiarse das bestas salvaxes e as incursións dos escravistas que actuaban coma voitres. Seguir lendo Iwel
Gambia
Xerardo AgraFoxo. Despois dun breve percorrido, o noso automóbil detívose bruscamente entre as aldeas de Jenoi e Yelitenda, nunha chaira de arrozais. Conver-témonos nas últimas pezas dunha caravana quilométrica. Todos baixaron apresurados. Eu permanecín extasiado ante o panorama albiscado. No meu reloxo sinalaban as 10 da mañá e a temperatura era morna, mesmo sopraban uns refachos suaves. Seguir lendo Gambia
Nikolo Koba
Xerardo AgraFoxo. A ruta atravesaba poboados con vivendas moi vulnerables. Semellaban adormecidas, sen persoas nas portas, nin canastros coas mercadorías. Só cobraban vida aquelas aldeas situadas nas encrucilladas. Destes lugares saían cara ao leste carreiros que se perdían nas faldras do Fouta Djallón, onde nacían os regatos que morrían na conca do Gambia. Seguir lendo Nikolo Koba