Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo

Touba

3aXerardo AgraFoxo. Grazas a un guía conseguín vencer os receos que provocaba a miña vestimenta. El levoume polos patios e salas da Gran Mesquita, onde ficaba soterrado Ahmadou Bamba dende o ano 1927. Explicoume que as cúpulas e torres estaban cubertas de escadas para telas arranxadas para a cita do Gran Magal. Era un experto nestas cuestións. Falaba varios idiomas e mostrábase amable cos obreiros. Seguir lendo Touba

Saint Louis

2Xerardo AgraFoxo. Saín da casa e diri-xinme ao barrio mariñeiro de Guet N´Dar, onde, no reducido espazo de 0,3 quilómetros cadrados, vivían máis de 40.000 habitantes, unha das maiores concentracións humanas que existían en Senegal. Aínda que no mer-cado, arrombado entre os dous arrabaldes, as mulleres non me acolleron con bo agrado, camiñar entre aquela aglomeración humana constituíu unha experiencia única. Seguir lendo Saint Louis

Hann Pecheur

1Xerardo AgraFoxo. Ao saír da casa descubrín como era o lugar onde durmira. Hann Pecheur é un dos arrabaldes máis populosos de Dakar. Está atravesado pola estrada que comunicaba a capital coas cidades que se ergueron na liña da beiramar próxima ao seu peirao. Por tal motivo, unha caravana de camións cumpridos de mercadorías, autobuses inzados de veciños e numerosos taxistas dificultaban acotío a circulación. Seguir lendo Hann Pecheur