Touba

3aXerardo AgraFoxo. Grazas a un guía conseguín vencer os receos que provocaba a miña vestimenta. El levoume polos patios e salas da Gran Mesquita, onde ficaba soterrado Ahmadou Bamba dende o ano 1927. Explicoume que as cúpulas e torres estaban cubertas de escadas para telas arranxadas para a cita do Gran Magal. Era un experto nestas cuestións. Falaba varios idiomas e mostrábase amable cos obreiros. Levaba un rosario na man que non deixaba de darlle voltas. Pregunteille se esa celebración se realizaba sempre na mesma data:

–Lévase a cabo 48 días despois do ano novo musulmán. E conmemora o regreso do Jeque Ahmadou Bamba, no ano 1907, do seu exilio forzoso.

–Onde estivo desterrado?

–Primeiro estivo preso no cárcere de Saint Louis. Despois expulsárono a Gabón, Guinea Conakry e Mauritania.

–E cando cadra a celebración?

–Dentro duns días, o próximo 19 de novembro.

3bO interior era esplendoroso. A mestura dos mármores de Carrara cos estucos de Marrocos e as pezas das canteiras “travertinas”, situadas preto de Roma, así como a iluminación dos seus teitos con lámpadas de Dubai, conseguiron darlle un sensible realce á derradeira morada do Cheikh Ahmadou Bamba. Un templo que revelaba a puxanza da cultura wolof. Deixáronme visitar o sartego do seu segundo fillo e camiñar entre as tres cúpulas adobiadas cuns tons azuis cobalto. Elas sinalaban a fontenla de onde se arrincara a auga para erguer aquela obra que se iniciara no ano 1936.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *