Sempre en Rianxo

Removable-wall-sticker-The-Dance-of-Youth-wall-decal-art-musical-notes-wall-covering-sticker-for.jpg_640x640X. Ricardo Losada. O gran escritor e periodista Manuel Jabois titulou Rianxo se sacude el horror un artigo publicado no xornal El país sobre a aparición do cadáver de Diana Quer na miña vila natal. Dicía: “Lo primero que ha hecho Rianxo en 2018 es sacudirse el horror”, en referencia ao pleno extraordinario do concello convocado a mañá do 1 de xaneiro. Non é certo. O primeiro que fixemos os rianxeiros en 2018 foi celebrar o ano novo tomando as uvas e cantando as vellas cancións do folclore popular. Despois os maiores foron para a cama e os mozos a celebrar o ano novo a unha carpa situada na mesma praza que ao mediodía seguinte recibiría a concentración en repulsa polo asasinato de Diana Quer. Pasei polo exterior desa carpa ás tres da mañá. Estaba chea de mozos e mozas, a maioría alumnos meus, e o primeiro que pensei foi que Diana Quer estaría feliz de velos tan radiantes e festivos. Seguro que ela tamén estivo en moitas festas os días que atoparon cadáveres doutras mozas ou mozos mortos. Só os máis novos se atreven a demostrar publicamente que a alegría de vivir é a única vitoria sobre a morte.

6254607094070351Este mesmo ano publiquei unha novela ambientada en Rianxo. O meu obxectivo era demostrar que todos eses sucesos que estamos habituados a situar en cidades como Nova York, Londres ou París, poden suceder tamén en Rianxo. Referíame, como sinala a contraportada, a “hermafroditismo, violentos complexos de Edipo, incesto, mulleres fatais, fetichismo, crenzas animistas, necrofilia, intentos de asasinato, simbólicos ou reais”. Non me sorprendeu, xa que logo, que o presunto asasino de Diana Quer fose un rianxeiro, como non me sorprendería que fose de calquera outro lugar do mundo. Rianxo é un lugar tranquilo, ideal para conformar unha familia e criar os fillos, e seguirá séndoo por moito que de vez en cando saibamos que aquel vello slogan turístico da vila, Rianxo. O paraíso existe, era un pouco esaxerado.

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Narrativa, X. Ricardo Losada. Garda a ligazón permanente.

9 respostas a Sempre en Rianxo

  1. Moi boa saída a de don Manuel e moi ben razoada.
    Pola maná tiven que saír de escapada para O Pardo e nin siquera puiden ler o que vos mandei.
    Coidaba que escribir en galego resultaría máis fácil, pero non é así.
    Aquí o deixo, pois inda teño que mandar outra resposta. Pero esta vez en castelán.
    Unha aperta.

  2. Siento mucho no poder dedicarle más tiempo a vuestro magnífico blog, pero ando metida en una serie de berenjenales que me roban muchísimo tiempo -o me lo amenizan, según se mire.

    El día de ayer, por ejemplo, lo dediqué casi por completo a la cocina, con el propósito de abastecer para varios días la nevera de una nieta que trabaja con niños autistas -entre otras actividades de esa índole- y llega a casa desmadejada. No suelo hacerlo por sistema, pero me encanta -como decía mi abuela- “servir de algo ó rei”.

    Hace un rato me ha informado Magdalena de la entrada de Xosé Duncan y cómo se accedía a ella. Precisamente hace un par de días que tengo su libro “Hostal Norte” y -aunque no he tenido tiempo de leerlo- creo que me saltaré a la torera otras lecturas, porque me gusta la presentación, la letra grande, que cada capítulo sea una historia y lo dedique a su abuela.

    A ti, profesor, quiero darte las gracias por otorgarme la categoría de poder participar en este blog. El lunes pido tu libro. Espero que en esta ocasión tarde menos. A este paso mi gallego va a resultar tan erudito que podré entrar en Café Barbantia por mí misma (o malo é que poño).

    Me apremian para marchar a comer a El Pardo y aún estoy sin vestir. (Pola noite botarei outra ollada aos vosos comentarios.)

    Apertas.

  3. x ricardo losada di:

    1- Perdoa o despiste. A miña novela titúlase BÓTAME DESTE MAR FÓRA (EDITORIAL TOXOSOUTOS).
    2- Sempre me deron moita confianza as persoas despistadas. Confianza persoal,
    claro. Non sei se iría contigo de condutora nun coche.
    3- O sacrilexio é tan grave que non me considero autorizado a perdoarte. Para que te fagas unha idea, un dos cronistas de RIanxo, Manuel Dourado (D.E.P.), escribía todos os anos o mesmo artigo na prensa ao rematar as festas de Guadalupe. Na verbena final tres orquestras cantan a Rianxeira diante de miles de persoas. Por moito que as avisaban con antelación sempre acababan cometendo o erro que tamén cometestes vós. Don Manuel irritábase: Como se vai marear se non embarca!!!!!!!!
    Apertas guadalupeiras

  4. “Este mesmo ano publiquei unha novela ambientada en Rianxo”. A esa novela me refiero. Lo malo es que resulta difícil lograr libros escritos en gallego: pedí uno a través de mi librería de costumbre -de Xosé Duncan, recomendado por Pastor Rodríguez-, ha pasado más de una semana y todavía está por llegar.
    Con mi habitual despiste estaba convencida de que tenía cita médica mañana y resulta que era hoy. Y eso que había rodeado la fecha en el calendario con un círculo rojo… Menos mal que, bien entrada la noche de ayer, me dio un toque Magdalena para que leyese tu respuesta y, gracias a eso, se hizo la luz.
    Acabo de comprobar en el vídeo de “A Rianxeira” que tiene razón tu amigo: “Non te vaias” es lo que cantamos todos. Que conste que yo siempre digo “Non te embarques”. Pero se nota que me dejé arrastrar por la mayoría. Pido perdón por el sacrilegio. Seguro que no se repite.
    Feliz descanso.

    • Xosé Duncan di:

      Ola,
      Desculpade que me meta na conversa. Cal é o libro meu que pediches e tarda tanto? Calquera das miñas novelas (tanto as publicadas en Contos Estraños como as publicadas en Urco) distribúense a través do Consorcio Editorial e cónstame que os envíos son en 24-48 horas. Iso si, todo depende de cada canto faga os pedidos a libraría. Unha aperta e grazas por adiantado polo teu interese nunha das miñas fillas. Xa me contarás que che parece (se consegues lela) ;-)

  5. x ricardo losada di:

    Prezada Carmen:

    1- NOn sei a que libro te refires.
    2- Xa puideches comprobar que non respondín as preguntas de Magdalena. Necesitaría un espazo do que non dispoño aquí.
    3- A Rianxeira. Alégrame saber que a cantastes en tan especiais circunstancias. Por certo, un amigo meu enfádase moito cando se canta “Non te vais, rianxeira, que te vas a marear” en vez de “Non te embarques, rianxeira…”. Agardo que vós non cometérades ese, ao seu entender, grave sacrilexio.
    Apertas rianxeiras

  6. Querido profesor:
    Ayer, antes de irme a la cama, leí tu fantástico artículo y la no menos valiosa respuesta de Magdalena. Era muy tarde, mi vista estaba cansada (se impone una graduación de gafas) y mi capacidad cerebral, desactivada.
    Ahora que ya es la mañana y mi mente debiera estar más lúcida, ante tanta sabiduría, no puedo añadir más. No sabría. Sólo me queda esperar las respuestas del profesor a las preguntas formuladas por la alumna y sacar partido de ellas.
    Ya que creo haber encontrado una editorial que puede facilitarme los libros editados en gallego -hoy lo sabré- me gustaría conocer el título del que comentas en tu artículo.
    Es curioso: en mi casa la noche de Fin de Año -en la qué los viejos no nos vamos a la cama hasta bien avanzada la madrugada- acabamos cantando “A Rianxeira”. Tengo vídeos que lo acreditan.
    Un abrazo compartido.

  7. x ricardo losada di:

    Prezada Magdalena:
    Se Manuel Pita non logrou aclararcho nun libro enteiro, imaxina qué poderei facer eu (con moita menos competencia no tema) nunha resposta coma esta. Só che direi que é un tema que me interesa moitísimo, tanto desde unha perspectiva filosófica (é un dos temas transversais da filosofía) como desde unha perspectiva científica actual pois estanse facendo descubrimentos con enormes implicacións éticas e filosóficas. Refírome á intelixencia artificial, ao tratamento dos big data, a neuropsiquiatría ou a todo o relacionado coa edición xenética ou a biotecnoloxía. Direiche máis. Creo que o meu próximo libro tratará precisamente ese problema desde un punto de vista narrativo.
    A miña opinión rápida? Que cada vez se irá reducindo máis o marxe real de liberdade humana, pero que iso non suporá a nosa “mecanización ou animalización” senón un aumento da importancia da cultura e a educación. Teño días menos optimistas pero, neste caso, mentres non se demostre totalmente o contrario, creo un deber ser optimista, sobre todo para os que traballamos con mozos e mozas.
    Sinto non profundar máis.
    Saúdos rianxeiros

  8. Magdalena di:

    El artículo de hoy contiene un tema muy peliagudo, por tanto, muy complicado de contestar. A todos nos duele en el alma que el nombre de nuestra Galicia se cite para casos como estos, y que existan personajes de esa índole entre nosotros. Pero muy recientemente he leído un libro de Manuel Pita que lleva por título, El ADN Dictador.
    He recogido partes de algunos textos, que ahora voy a exponer. “¿Decidimos por nosotros mismos todos y cada uno de nuestros actos? ¿Somos realmente libres ? ¿O nuestro ADN es en realidad ese pequeño gran dictador ? Esta disyuntiva apasionante, se salda con un razonable término medio: somos libres, sí, pero hasta cierto punto”.
    ¿ Qué quiere decir con esto, Manuel Pita ? ¿ Qué ese “pequeño gran dictador” domina nuestra voluntad? ¿ Qué esos salvajes en cierta medida no son culpables de sus actos, o al menos en parte ? Continúo : “Tendemos también a pensar que nuestras acciones son voluntarias. Lo cual es falso…” “Pero conviene tener claro que nosotros no decidimos siempre lo que hacemos” y, “Cada estímulo que recibe el cerebro deriva en una decisión compleja que puede ser distinta en cada individuo según cómo esté configurado su cerebro…” En fin, si esto es así, ¿ podemos llamar asesinos a estos repugnantes seres doblegados por ese instinto?
    Aquí lo dejo. Me gustaría que pudieras aclarármelo.
    Besiños palmeiráns, querido profesor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>