Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo

Crane VS. Auster

9788432239052Xerardo Agrafoxo. Este non é un libro. Este é un monumento, un monumento literario. Unha obra de máis de mil páxinas dedicadas ao «Mozart» da literatura norteamericana. Stephen Crane, que naceu o Día de Defuntos e morreu cinco meses antes de cumprir vinte e nove anos, foi o noveno fillo supervivente dos catorce que tivo un devoto matrimonio da Igrexa Metodista de Nova Jersey. Durante a súa curta existencia traballou como reporteiro para combater a pobreza que sempre o acompañou. Despois dun comezo narrativo prometedor, escribiu A insignia vermella da dor, un relato sobre a guerra civil norteamericana. Seguir lendo Crane VS. Auster

Na praza Tahrir, verán de 2011

B09888Z2BX.01._SCLZZZZZZZ_SX500_Xerardo AgraFoxo. Entrar na Praza Tahrir era complicado se non actuabas con cautela. Ler esta obra devólvenos a aquelas incertas horas. Despois da morte de Naguib  Mahfuz, o Premio Nobel de Literatura de 1988, Alaa Al Aswani (O Cairo, 1957) é o narrador exipcio con máis proxección internacional, sobre todo polo éxito da novela levada ao cine co título de O edificio Yacobián. Este intelectual, que estudou odontoloxía en Chigago e castelán en Madrid, publica agora esta novela sobre a revolta que sementou a Primavera Árabe no seu país. A partir das historias de varias persoas da complexa sociedade cairota, o autor narra aqueles días de xaneiro do ano 2011. Seguir lendo Na praza Tahrir, verán de 2011

O día que lle puxen lume á libraría de vello

22D0.tmpXerardo AgraFoxo. Despois de Saturnal e Transición (pola que levou algúns cartos e un bo feixe de paus), aparece esta obra de argumento suxestivo: un home é recluído (sacáronme do apartamento de Conxo pola mañá, metéronme esposado nun furgón) nunha cadea da Audiencia Nacional (un dos piares do Estado de Dereito) acusado de cometer un delito de terrorismo: prenderlle lume a unha libraría. Nestes alxubes comeza unha confesión que, desbotando os propósitos das autoridades, se converte nun axuste de contas en que ninguén queda á marxe das súas rexoubas. Seguir lendo O día que lle puxen lume á libraría de vello

A casa de Fiódor en Moscova

9788412275421Xerardo AgraFoxo. A casa de Lev en Moscova, onde se refuxiaba no inverno, cos seus muros de madeira amarelos, a fermosa biblioteca, o coidado xardín e a bicicleta que aprendera a manexar con 60 anos, semella un abeiro amábel. A casa de Fiódor en San Petersburgo é un lugar máis triste, talvez porque garda nos seus cuartos os recordos dunha vida amarga. Sendo un mozo de ideas progresistas, Fiódor sufriu un simulacro de fusilamento, logo pasou dez anos de prisión e desterro en Siberia, onde conviviu con ladróns e asasinos. Cando tiña 18 anos, uns criados mataron o seu pai en vinganza pola súa brutalidade. Así se desenvolveu unha vida marcada pola angustia, o mal e o crime. Seguir lendo A casa de Fiódor en Moscova