Xerardo AgraFoxo. Esta película conta a historia da poeta norteamericana Elizabeth Bishop (Miranda Otto) que en novembro do ano 1951 chegou a Brasil, onde a esperaba súa amante Mary Morse (Tracy Middendorf), para realizar unha escala de quince días camiño de Sudáfrica. Pero os plans previstos viraron de súpeto cando coñece a Lota Macedo Soares (Gloria Pires), unha recoñecida arquitecta brasileira –futura deseñadora do Parque Flamengo– coa que vivirá en Río de Xaneiro os seguintes quince anos da súa vida. Seguir lendo Lúa en Brasil, de Bruno Barreto
Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
A casa das miniaturas, de Jessie Burton
Xerardo AgraFoxo. Esta novela ten como protagonista a Petronella Oortman, Nella, unha humilde moza que no outono de 1686 casa con Johannes Brandt, un maduro e rico comerciante de Ámsterdam. Cando ela se instala no arrabalde de Herengracht, a parte máis nobre da capital holandesa, cun paxariño que traslada nunha gaiola, el recíbea cun agasallo propio da xente máis clasista: un moble que semella unha réplica da súa casa en miniatura. A presenza na mansión de Marin, a irmá solteira de Johannes, e dous enigmáticos criados, Cornelia e Otto, mergullarán a Nella nun territorio áspero, nun mundo onde os usos e costumes son diferentes aos que ela trae dende o seu fogar materno. Seguir lendo A casa das miniaturas, de Jessie Burton
A flor de pel, de Javier Moro
Xerardo AgraFoxo. Este autor traballou como “documentalista” nalgunhas obras do seu tío, o recoñecido Dominique Lapierre. Talvez por este motivo, os seus libros teñen un claro sentido histórico e biográfico. Entre eles, destacan Sendeiros de liberdade (1992) sobre a figura de Chico Mendes, convertido en Brasil nun símbolo da loita polo medio ambiente; Pasión India (2005), que reconstrúe a historia de amor entre a bailarina Anita Delgado e o “maharajá” de Kapurthala; O sari vermello (2008), unha historia dramatizada sobre a familia Gandhi, a partir da figura de Sonia, a muller italiana do primeiro ministro indio asasinado, Rajiv Gandhi; e O imperio es ti (Premio Planeta, 2011) que narra a vida do primeiro rei de Brasil, Pedro I. Seguir lendo A flor de pel, de Javier Moro
As mulleres de K.
Xerardo AgraFoxo. Nunha casa de repouso de Silesia coñecería unha moza que ficaría na historia da literatura co nome de “a rapaza de Zuckmantel”. Sete anos máis tarde comezaría un romance coa berlinesa Felice Bauer, unha muller de “rostro insignificante”, pero “afouta e leda” coa que mantería unha apaixonada e intermitente relación que o levaría a unha etapa de intensa creación. Despois coñecería unha suíza de dezaoito anos que aparecería reflectida nos seus diarios como G.W. Cando os médicos lle diagnosticaron a enfermidade, encontrouse cunha checa, Julie Wohryzek, filla dun zapateiro de Praga, que posuía unha mestura “de calor e frialdade”. Seguir lendo As mulleres de K.