Xerardo AgraFoxo. A cartilla é cada ano máis feble, apenas alcanza unha semana. Os máis desfavorecidos estírana varios días. Consumir fóra deste circuíto é cinco veces máis caro. Nesta situación límite, a maioría aproveita as fendas que se lle ofrecen para resistir. Un exército de vendedores invaden acotío as rúas para ofrecer os produtos máis insospeitados. Algúns venden bolsas de plástico. Seguir lendo Resolver
Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
Centro Bagdad?
Xerardo AgraFoxo. Semella un arrabalde da capital iraquí. Un espazo urbano decadente e maltratado. As beirarrúas están rebentadas. Os edificios son auténticas ruínas, coas fachadas que parecen esnaquizadas pola artillería dun exército inimigo. As portas están desgonzadas, moitas fiestras cegadas e as terrazas ateigadas de trebellos. Seguir lendo Centro Bagdad?
Serra Maestra
Xerardo AgraFoxo. Chámome Nelson Álvarez Formigo e estiven trece meses na Serra Maestra. A vida daquela era moi dura, por culpa da ditadura. Por nada dabas cos ósos nos cárceres. Meu pai era dunha aldea de Ourense, chegara ata aquí para traballar nas minas de cobre. Cando me entobei entre estes outeiros tiña 25 anos, e unha noiva que se chamaba Adela. Marchei da casa con outros 18 compañeiros, todos deste lugar. Seguir lendo Serra Maestra
O Paquete
Xerardo AgraFoxo. Algúns ven os partidos da NBA. Outros divírtense coas comedias americanas ou cos partidos de fútbol europeos. Moitas mozas seguen os argumentos das series españolas. Os máis comprometidos coa política prestan atención aos debates nos países veciños. Tamén están os que seguen cada capítulo de Xogo de tronos. E os cinéfilos que gozan coas películas máis interesantes. Seguir lendo O Paquete