Serra Maestra

IMG_5159Xerardo AgraFoxo. Chámome Nelson Álvarez Formigo e estiven trece meses na Serra Maestra. A vida daquela era moi dura, por culpa da ditadura. Por nada dabas cos ósos nos cárceres. Meu pai era dunha aldea de Ourense, chegara ata aquí para traballar nas minas de cobre. Cando me entobei entre estes outeiros tiña 25 anos, e unha noiva que se chamaba Adela. Marchei  da casa con outros 18 compañeiros, todos deste lugar. Por culpa da chuvia, só chegamos oito. Loitamos contra a tiranía de Fulxencio Batista coas mesmas armas que lles prendiamos aos seus soldados nas emboscadas.

Vivín durante aquel tempo a carón de Fidel Castro, o Che Guevara, Camilo Cienfuegos e Almeida, pero o meu xefe directo na 1ª Fronte do Pico Turquino foi o comandante René Ramos Latour. Dos que fuximos aquela noite de El Cobre, só regresamos con vida tres. Un deles, Israel Reyes Zayas, morreu anos máis tarde que o Che nas terras de Bolivia.

IMG_5157Coñecín na serra un periodista norteamericano que se chamaba Matthews. Sabe se aínda vive? Un día pediulle permiso a Fidel para quedar cuns guerrilleiros. Eu fun un dos escollidos. Baixamos pola noite por esas ladeiras empinadas. E cando chegamos a El Cobre, pediunos que lle puxésemos “candela” á casa dun mineiro que fuxira. E logo mandounos dar voltas ao seu arredor, coma se a estivésemos atacando, mentres el tiraba fotos para unha reportaxe. Sabe se morreu?

 Agora vivimos mellor. A min non me falta de nada.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *