Clásicos en cómic

paraíso 1Miguel Mariño. Que sorte teñen os británicos! A sorte de que unha das artes da modernidade, o cómic, se interese polos seus clásicos. Clásicos que, se o son, poden con todo: adaptacións, novelas gráficas, cómic, cine… Con bos, mediocres e malos resultados, pero si, poden con todo; non son obxectos para a vitrina ou o escaparate, seguen a vivir, transfórmanse.

En 1996 o debuxante Martin Rowson publica en inglés o seu cómic sobre Sterne e o seu Tristram Shandy, que agora aparece en español, da man de Impedimenta (2014) cun gran tradutor, Juan Gabriel López Guix. Guix traduciu a Twain e a Wolfe, a Steiner e a Saki, a Carroll ou a Barnes.

Rowson, debuxante de <The Times>, <The Guardian>, <Daily Mirror>, <The Spectator> ou <Mornig Star>, narrador, autor de Snatches (2006) e Stuff (2007), conserva en branco e negro (obrigatorio case para o Tristram) o espírito cervantino e irreverente de Sterne, con liberdade pero cun magnífico resultado.

tristramE de Sterne a Milton, nada menos. Milton, o autor desa obra mestra da épica bíblica que é O Paraíso Perdido. E o máis abraiante é que a adaptación ao cómic é boa e obra dun español, Pablo Auladell, que en 2010 publicara unha pequena parte co título de Satán e que agora en 2015 edita rematada a obra na edición de Sexo Piso.

Cor especial, averdada, pero sen rachar coa forza narrativa do escuro, e un Satán magnífico.

Que sorte, dixen. Porque en Galicia debemos contentarnos con clásicos ilustrados cando máis, e cando menos, con debuxos demasiado pegados ao texto. Cando facemos cómic (Prado) facémolo moi ben, pero queda o reto dun Merlín e familia ou Os Eoas en novela gráfica. Pero todo chegará.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *