Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo

Os gremios de Noia durante o medievo

Os gremios desenvolveron unha intensa actividade comercial no casco histórico de Noia
Os gremios desenvolveron unha intensa actividade comercial no casco histórico de Noia

Xerardo AgraFoxo. Grazas ás laudas do cemiterio de Santa María de Nova e ás ordenanzas dos Foros de Noia, podemos coñecer os principais oficios que se desenvolvían no Portus Apostoli nos tempos do medievo: mercadores (comercializaban o peixe e os seus derivados), mestres de naos (eran os patróns ou oficiais das embarcacións), mariñeiros (participaban como navegantes de altura no comercio naval), peixeiros Seguir lendo Os gremios de Noia durante o medievo

Linn, Ingmar e Färo

9788412302165Xerardo AgraFoxo. Esta é a historia dun home particular. Un home que dubidada da existencia de Deus, pero consideraba que detrás de Bach estaban as mans dun Ser superior. Un día decidiu refuxiarse nunha illa inhóspita, onde as praias fican ateigadas de croios, as chairas son terras ermas e hai máis ovellas que veciños. Naquel abeiro, espido e solitario, levou unha vida ascética, con baños nas augas xeadas, percorridos en bicicleta polos carreiros de grava e cotiás viaxes a outra illa para mercar xornais. Pasaba as horas vendo películas, debullando os seus libros favoritos e tecendo cunha caligrafía retorcida as súas memorias. Era un home moi estrito e puntual. Cando un día chegou tarde a unha cita, a filla máis nova presentiu que axiña morrería. Seguir lendo Linn, Ingmar e Färo

A vida incerta, de Montse Fajardo

9788482895451Xerardo AgraFoxo. Entre un emocionado limiar de Tareixa Navaza (A vida, sen memoria, está soa) e un preciso epílogo da autora, coñecemos a vida de Virginia Pereira, unha muller extraordinaria (A maioría da xente non sabe como se chamaba a muller de Castelao). A través destas apertadas páxinas sabemos da súa orixe burguesa, do seu noivado e voda (1912) co autor de Cousas e das súas andainas por Rianxo, Santiago e Pontevedra. Tamén das doenzas do seu home, por culpa dun desprendemento de retina, e da tráxica morte do seu fillo no ano 1928. Logo virán acontecementos doutra natureza, vinculados co seu ideario político e o comezo dunha guerra civil que os levou ao exilio cara a París, Nova York e Arxentina Seguir lendo A vida incerta, de Montse Fajardo

Pasou o que pasou, de Lito García Lago

descargaXerardo AgraFoxo. Este libro comeza coas primeiras eleccións autonómicas de 1981 que levaron á Presidencia da Xunta a Fernández Albor da lista da Coalición Popular. Durante esta primeira lexislatura, o autor analiza a crise xurdida pola capitalidade de Galicia, a expulsión de tres deputados nacionalistas por non xurar a Constitución e os problemas derivados pola Foxa Atlántica e a reconversión industrial. Despois analízase a segunda lexislatura, onde Albor se enfrontou con Barreiro Fernández. Unha crise que daría lugar á moción de censura que levaría no 1987 a Fernando González Laxe á Presidencia da Xunta. Unha curta época marcada pola debilidade dun goberno que carecía do apoio dos socialistas de Ferraz. Seguir lendo Pasou o que pasou, de Lito García Lago