Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo

Montedidio, de Erri De Luca

montedidioXerardo AgraFoxo. Coñecía a Erri de Luca (1950) dende que  Muchnick Editores publicara Tú, mío (2000) unha historia ambientada á beira do mar Tirreno –entre un rapaz e un mariñeiro que lle fala da guerra– e se convertera  nun gran éxito de ventas. Os libros deste autor napolitano son nada máis saír á luz un fenómeno popular polas súas historias persuasivas. Esta novela publicada por Rinoceronte (2008), e que leva por título Montedidio, nome dun arrabalde de Nápoles, narra o encontro dun rapaz de trece anos e un vello xudeu, Rafaniello, que se refuxia no barrio e se dedica a reparar os zapatos dos pobres. Seguir lendo Montedidio, de Erri De Luca

Herejes, de Leonardo Padura

herejesXerardo AgraFoxo. Un rembrandt en Cuba? Baixo esta interrogante comeza Herejes (2013), a última e ambiciosa novela de Leonardo Padura (La Habana, 1955), autor recoñecido polas obras da serie negra protagonizadas polo ex policía Mario Conde –como Paisaje de Otoño ou Pasado perfecto–  e Premio Nacional de Literatura de Cuba por El hombre que amaba a los perros (2009), unha extraordinaria reconstrución do asasinato de León Trotski polo militante comunista catalán Ramón Mercader en México.

Herejes consta de catro partes. Na primeira nárrase a chegada á capital cubana no ano 1939 do buque S.S. Saint Louis que viaxa dende Hamburgo cuns  xudeus que foxen do nazismo; Seguir lendo Herejes, de Leonardo Padura

Maes e filhos, de Colm Toibin

maes e fillosXerardo AgraFoxo. O autor desta obra é –sen dúbida­– un dos mellores narradores de Irlanda, un pequeno país de tan só catro millóns e medio de habitantes, pero con catro Premios Nobel na súa nómina literaria: Yeats, Shaw, Becket e Heany.  Dende que publicou El brezo en llamas (1994) ata que gañou o Costa Award e foi finalista do Man Booker Prize con Brooklyn (2009), pasando por Mala sangre (1998), El faro de Blackwater (2002), El Sur (2003) ou The Master (2004), Colm Toibin (Enniscorthy, 1955), neto dun integrante do IRA e fillo dun dirixente local do Fianna Fail,  non deixa de sorprender pola excelente calidade das súas obras, un mundo no que sempre aparecen unha serie de temas que el explora con delicadeza. Seguir lendo Maes e filhos, de Colm Toibin

Cuba, doce e soturna, de Miguel Sande

cuba 1Xerardo AgraFoxo. Este fermoso libro, perdido nos andeis da miña biblioteca durante unha década, foi publicado por Edicións Laiovento no ano 1994. Nel cóntase as fondas impresións que lle produciu ao autor a máis grande das Antillas durante as dúas viaxes que realizou alí nos anos 1991 e 1992. A obra –105 páxinas– divídese en catro partes: Na primeira, que acada a maior parte do volume,  conta as súas peripecias durante o periplo que fixo pola illa entre o 10 de novembro de 1991 e o 22 do mesmo mes. No segundo, que apenas conta con cinco páxinas narra a segunda viaxe realizada un ano despois. A terceira parte é un exhaustivo e dramático  informe sobre o ESTADO DE SAÚDE DOS GALEGOS EN CUBA.  Un breve apéndice de imaxes, realizadas polo fotógrafo Delmí Álvarez, pecha o libro. Seguir lendo Cuba, doce e soturna, de Miguel Sande