Maes e filhos, de Colm Toibin

maes e fillosXerardo AgraFoxo. O autor desta obra é –sen dúbida­– un dos mellores narradores de Irlanda, un pequeno país de tan só catro millóns e medio de habitantes, pero con catro Premios Nobel na súa nómina literaria: Yeats, Shaw, Becket e Heany.  Dende que publicou El brezo en llamas (1994) ata que gañou o Costa Award e foi finalista do Man Booker Prize con Brooklyn (2009), pasando por Mala sangre (1998), El faro de Blackwater (2002), El Sur (2003) ou The Master (2004), Colm Toibin (Enniscorthy, 1955), neto dun integrante do IRA e fillo dun dirixente local do Fianna Fail,  non deixa de sorprender pola excelente calidade das súas obras, un mundo no que sempre aparecen unha serie de temas que el explora con delicadeza.

Este Maes e fillhos (2006)  é unha fermosa colección de nove relatos ambientados todos en Irlanda, menos o último, Um Longo Inverno, que transcorre en Cataluña –onde el residiu moitos anos –despois de rematar a Guerra Civil española. maes e fillos 2Malia que na maioría dos contos o tema principal de cada historia estea relacionado co título xenérico da obra –a conflitiva relación nai e fillo– outros asuntos de interese aparecen nas diferentes historias: a homosexualidade (Tres Amigos), da que Colm Toibin é un practicante confeso, a difícil  convivencia cotiá (O Nome do Jogo), o catolicismo e os abusos sexuais (Um Padre na Familia).

Nada define mellor este libro que o reflectido nesta coidada edición portuguesa –publicada por Bertrand Editora e traducida ao luso por Carla Escarduça–:  “Uma colecçao de histórias de grande sensibilidade e beleza que dao forma ao drama da relaçao entre mae e filho”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *