Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo

Rosalía de Castro

rosaliaXerardo AgraFoxo. Leo este libro de Teresa Candal (A Coruña, 1975) mentres se coñece unha descuberta importantísima para todo o «rosalianismo»: o achado por parte da investigadora Sagrario Abelleira no Arquivo Histórico Diocesano de Madrid do expediente matrimonial inédito da escritora con Manuel Murguía datado en 1858. Entre os documentos inclúese a declaración notarial feita en xuño de 1843 pola súa nai, Teresa de Castro, na que afirma que a data de nacemento de Rosalía é o 23 de febreiro de 1837, e non o 24, como se viña conmemorando facéndoo coincidir co día do bautizo. Seguir lendo Rosalía de Castro

Azucre

azucreXerardo AgraFoxo. Semella alentador descubrir que esta é a primeira novela dunha escritora, Bibiana Candia (A Coruña 1977), que antes  publicara dous libros de poemas e un de relatos. Son tantas as calidades desta peza narrativa que un non ten máis que seguir o curso da narración para chegar até a derradeira páxina co alento desbocado. A aparente sinxeleza das súas expresións e a habelencia coa que desenvolve o fío argumental son dúas características deste episodio descoñecido da nosa historia. Na Galicia do ano 1853 un fato de mozos esfarrapados (Camiña sin equipaje porque lo que tiene lo lleva puesto), cando a fame os acosaba (La tierra nos odia), embarcan no medio de penalidades e treboadas Seguir lendo Azucre

O país dos outros

leilaXerardo AgraFoxo. Logo de gañar o Premio Goncourt 2016 con Canción doce, onde narra o enfrontamento entre unha nai burguesa de orixe magrebí, e súa neneira, unha muller branca de orixe humilde, Leïla Slimani (Rabat, 1981), dirixe agora a ollada cara ao seu país natal, Marrocos, que se converte no pano de fondo do conflito xurdido na década dos anos 50 do século pasado, cando os ventos da independencia sopraban con forza no norte de África.

O país dos outros (2021) arranca no ano 1957 coa chegada de Mathilde, unha alsaciana humilde, á terra do seu home, Amín Belhach, un marroquí de  Meknes, un militar de pel escura do exército francés durante a II Guerra Mundial. Seguir lendo O país dos outros

Saccargia, a xoia máis prezada da arte románica

sacaXerardo AgraFoxo. A costa norte de Sardeña destaca polas costas escarpadas, as cativas praias de área fina, as chairas perfumadas polo maquis, as «nuragas» prehistóricas e os enclaves de Porto Cervo e Porto Redondo, onde veranea algún personaxe controvertido e decadente da sociedade italiana. Seguir lendo Saccargia, a xoia máis prezada da arte románica