Azucre

azucreXerardo AgraFoxo. Semella alentador descubrir que esta é a primeira novela dunha escritora, Bibiana Candia (A Coruña 1977), que antes  publicara dous libros de poemas e un de relatos. Son tantas as calidades desta peza narrativa que un non ten máis que seguir o curso da narración para chegar até a derradeira páxina co alento desbocado. A aparente sinxeleza das súas expresións e a habelencia coa que desenvolve o fío argumental son dúas características deste episodio descoñecido da nosa historia. Na Galicia do ano 1853 un fato de mozos esfarrapados (Camiña sin equipaje porque lo que tiene lo lleva puesto), cando a fame os acosaba (La tierra nos odia), embarcan no medio de penalidades e treboadas (Uno no sale indemne de unha tormenta sin pagar un precio) cara ao peirao da Habana, onde esperan gañar a vida nas plantacións de cana de azucre que se espallan por Cuba (Las palmeras son bonitas… parece la entrada de un palacio o del cielo), pero os seus soños  esnaquízanse cando os internan nun barracón (rodeado por un muro, todo bajo llave), onde son tratados coma escravos arrincados das costas africanas. Nun mundo cheo de contrariedades, aqueles mozos galegos vivirán unha experiencia traumática, á par que o lector que non agarda tan dramático desenlace.

Coa súa orixinal proposta narrativa, onde se mesturan voces e lembranzas, pero se evitan os informes e os documentos, Azucre (2021) convértese nunha excelente achega literaria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *