Sorpresa!

adieMarina Losada Vicente. -Pero a ti que che pasou? Pareces un espicho! -mírame de arriba a baixo, incrédulo-. Como é que estás tan delgada?

Din que diante da morte a vida toda che pasa polos ollos en décimas de segundos. Eu, de onde sae este tío? Repasei nun suspiro o último medio ano.

As primeiras dores foron na cama, compartida coa parella, que insistiu en que fose ao médico. Despois viñeron as dificultades nas escaleiras, polo que deixei de subir a compra. A especialista recomendoume perder peso. Certo que non andaba sobrada de carnes, mais deixar atrás seis ou sete quilos aliviaría as dores.

Da miña parte da mesa, agora ocupada con dúas pastillas cada comida, desapareceu o pan. Descartei fritos, salsas, patacas, pastas… Bebo auga a todas horas, camiño todo o que podo, vou ao ximnasio, evitando o coche, o ascensor… Os cambios son máis que notables!

O día que a báscula marcou cincuenta e oito quilos, a meta proposta, decidín mercar algo de roupa, polo que quedei coa familia para vir de compras.

Baixo do coche, diríxome a máquina de pago automático e regreso co tícket na man. Sorpresa! Fernando, o meu Fernando, a miña parella, descobre que baixei de peso?

2 comentarios en “Sorpresa!

  1. Algúns casos merecen o que acabo de ver fixo a túa Lisístrate, poñer a todas as mulleres e folga de sexo. Pode que non se chamen Fernando, Magdalena, pero habelos hainos!

  2. Moitas veces danme ganas de empezar a lerte polo remate, pero logo penso: Magda, modera as formas e fai as cousas como Deus manda. E modéroas.

    A ese Fernando habíalle que facer o que lle fixo aquela muller griega chamada Lisístrata ao seu home, porque Fernando cas súas palabras estuvo bordeando a agresión en grado de tentativa.

    Un gustazo coma sempre, querida Marina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>