Xerardo AgraFoxo. A tradición literaria afirma que Hamlet, a máis influente obra de Shakespeare, polo retrato que realiza do odio, a ambición e a corrupción, está baseada na historia dun príncipe que viviu durante o medievo en Helsingor, pero Stephen Greenblatt, o gran estudoso do bardo de Stratford, di que esta traxedia está relacionada coa morte de Hamnet, o único fillo varón do dramaturgo morto por unha pandemia. A esta tese acóllese Maggie O´Farrell, tal como di na primeira páxina desta novela: Na década de 1580. Unha parella que vivía en Henley Street (Stratfort) tivo tres fillos: Susana e Hamnet e Judith, que eran xemelgos. Hamnet, o neno, morreu en 1596 aos once anos. Catro anos máis tarde seu pai escribiu unha obra de teatro titulada Hamlet. Seguir lendo Hamnet, de Maggie O’Farrell
Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
El hombre de Calcuta, de Abir Mukherjee
Xerardo AgraFoxo. Para os que desexen escribir unha novela negra, esta semella un modelo narrativo: unha época conflitiva (o Raj, o período colonial inglés na India); un pano de fondo atraente (os arrabaldes da asfixiante cidade de Calcuta); un sarxento de policía (Sam Wyndham) que arrastra sobre as súas costas un pasado amargo; unha comisaría con policías de identidades contrapostas (os nativos e os colonos) e o asasinato dun alto funcionario británico no barrio máis escuro da cidade, onde a miseria convive coas casas de citas e os locais de opio. El Hombre de Calcuta (2021) recrea tamén o ambiente desta metrópole bengalí, onde a calor húmida se mestura cos misterios e as incertezas daquela época, cando os movementos nacionalistas, que logo lideraría un tal Gandhi Seguir lendo El hombre de Calcuta, de Abir Mukherjee
Un mundo sin orillas, de Hèléne Gaudy
Xerardo AgraFoxo. Por estas páxinas pasan Shackelton, Admusen e Nansen, os míticos viaxeiros que se atreveron a loitar contra o xeo cando os Polos eran mundos descoñecidos. Tamén pasan por estas páxinas outros aventureiros que deixaron a vida no seu intento de descubrir “mundos descoñecidos”. Pero os verdadeiros protagonistas desta abraiante historia son Salomon August Andrée, Knut Fraenkel e Nils Strindberg que no ano 1897 emprenderon unha expedición para acadar o Polo Norte nun globo aerostático. Durante tres décadas, malia a teima de Anna Charlier, a noiva de Nils, nada se soubo destes tres intrépidos noruegueses. Pero no ano 1930 de xeito milagroso atopáronse, non só os restos dos expedicionarios e o seu diario de a bordo Seguir lendo Un mundo sin orillas, de Hèléne Gaudy
La muerte de Virginia, Leonard Woolf
Xerardo AgraFoxo. Tal día coma hoxe, hai 80 anos, é dicir, o 28 de marzo de 1941, unha muller que se chamaba Adeline V. Stephen, encheu os petos da súa gabardina cuns croios e mergullouse no río Ouse, preto da súa casa en Monks House. Uns nenos atoparon o seu corpo dúas semanas despois, arrastrado pola marea, preto da ponte de Southease. Non fora a primeira vez que intentara tirar a vida. As sombras que a asañaban puideron con ela: pronto perdera os pais, o seu medio irmán George abusara dela e as relacións sexuais co seu home eran tan complicadas coma os seus amoríos coa promiscua Vita Sackville-West. Ademais arrastraba unha depresión que medrou ante a ameaza nazi sobre Inglaterra. Seguir lendo La muerte de Virginia, Leonard Woolf