La muerte de Virginia, Leonard Woolf

51L32LJPkYLXerardo AgraFoxo. Tal día coma hoxe, hai 80 anos, é dicir, o 28 de marzo de 1941, unha muller que se chamaba Adeline V. Stephen, encheu os petos da súa gabardina cuns croios e mergullouse no río Ouse, preto da súa casa en Monks House. Uns nenos atoparon o seu corpo dúas semanas despois, arrastrado pola marea, preto da ponte de Southease. Non fora a primeira vez que intentara tirar a vida. As sombras que a asañaban puideron con ela: pronto perdera os pais, o seu medio irmán George abusara dela e as relacións sexuais co seu home eran tan complicadas coma os seus amoríos coa promiscua Vita Sackville-West. Ademais arrastraba unha depresión que medrou ante a ameaza nazi sobre Inglaterra. Nin os seus espléndidos libros, nin a súa tarefa na editorial Hogarth Press que creara co seu home («Querido, quero que saibas que me deches a felicidade absoluta. Ninguén puido facer máis do que ti fixeches. Por favor, creme»), nin os seus amigos do Bloomsbury evitaron o que todos presentían e ela case anunciara: «Ás veces resoa coma un trono dentro de min o sentimento da total inutilidade da miña vida».

Neste fermoso e amargo libro de Leonard Woolf, amais de recordar aquela senlleira data do 28 de marzo de 1941, coñecemos os compromisos políticos da autora d´A señora Dalloway. Tamén comprendemos como era a vida entre 1939 e 1969, cando as escouras da Segunda Guerra Mundial seguían acesas. Hoxe, 28 de marzo de 2021, lembramos neste café literario a Virginia Woolf.

2 comentarios en “La muerte de Virginia, Leonard Woolf

  1. Agradezco saber de ese libro.
    Me parece muy interesante la vida de esta mujer, con esa decisión tan terrible de un suicidio y de ese modo. También de ese círculo peculiar y del tiempo en que vivieron.
    Un cordial saludo.
    Javier

  2. Bos días, Xerardo:

    Fai pouco lín en algún sitio que a vida sempre se resolve en fracaso. Sempre, sen excepcións, ao final todo envellece, morre e non se cumpren os sonos.

    Certas cousas non teñen explicación posible. están libres de argumentos e razóns.

    Un gusto, coma sempre, AgraFoxo. Unha aperta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *