Un mundo sin orillas, de Hèléne Gaudy

portada_un-mundo-sin-orillas_helene-gaudy_202012281837Xerardo AgraFoxo. Por estas páxinas pasan Shackelton, Admusen e Nansen, os míticos viaxeiros que se atreveron a loitar contra o xeo cando os Polos eran mundos descoñecidos. Tamén pasan por estas páxinas outros aventureiros que deixaron a vida no seu intento de descubrir “mundos descoñecidos”. Pero os verdadeiros protagonistas desta abraiante historia son Salomon August Andrée, Knut Fraenkel e Nils Strindberg que no ano 1897 emprenderon unha expedición para acadar o Polo Norte nun globo aerostático. Durante tres décadas, malia a teima de Anna Charlier, a noiva de Nils, nada se soubo destes tres intrépidos noruegueses. Pero no ano 1930 de xeito milagroso atopáronse, non só os restos dos expedicionarios e o seu diario de a bordo senón varios carretes fotográficos que revelaron os aspectos máis salientábeis daquela dramática aventura.

Grazas a este valioso material, a escritora Héléne Gaudy (París, 1979) recrea, cun estilo lírico e hipnótico, a vida destes homes perdidos durante tres meses sobre o xeo ártico. Relata con acougo a súa indómita vontade de explorar novos territorios e o seu épico fracaso, cando o medo e a morte os espreitaban como eles axexaban os osos para matar a fame na illa de Kvitoya. Morreron extenuados, talvez por mala sorte, por exceso de optimismo ou por descoñecemento do poder da Natureza. Faleceron nesta illa Branca logo dunha travesía sen rumbo por unhas paisaxes sen horizontes, onde expiaron os seus pecados no medio do silencio, sen que ninguén puidese socorrelos.

Excelente!

Un comentario en “Un mundo sin orillas, de Hèléne Gaudy

  1. Bos días, Xerardo:

    Seguro que é excelente, pero moi triste.
    Eu estuven vinte anos entre a neve, pero baixo teito, e imaxínome o que pudo pasar esa xente Valente, pero demasiado arriscada.
    Cando cheguei, pensei que aquello era un paraíso, efectivamente érao, pero no que entraban máis ricos que pobres, xa me entendes que clase de paraíso era.
    Cas primeiras nevadas quedaba abraiada, protexíame cun inmenso abrigo gordo que non o poñía nin un checheno con frío, e encantábame ver caer aquelas folepas, pero enseguida perderon encanto, é a morriña pola chuvia, mellor que pola neve enseguida se presentou.
    Imaxínome a eses homes naqueles tempos co material escaso para eses menesteres o que puderon pasar. Mellor non quero imaxinalo.

    Ti, tamén eres arriscado, AgroFoxo, vas moitas veces por lugares perigosos e hai que andar con tento, non é necesario ser un “Cabeza de vaca” para pasalo ben.

    Unha aperta dende Palmeira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *