Conversas de escaparate. Unha de mortos

2B0A.tmpFidel Vidal. -Non te fíes de ninguén, nin de min. Desconfía, en especial dos aproveitados que aparecen pola porta con cariña de santos. .

-Que me vas dicir. Onte mesmo, aos meus pés, un deses santiños cravoulle un coitelo ao malpocado que procuraba pasar a noite aquí. Xa vai polo terceiro.

-Eu só pretendo aconsellarte sobre o de liscares do escaparate, o noso cárcere dourado con vistas.

-Con vistas a unha manchea de asasinatos.

-Estás segura do que dis? Non vexo sinais de violencia nin restos de sangue. Ti viches algo?

-Ela e mais ti que ides ver, se non tedes cabeza. Claro que mataron un home, un coitado que viña refuxiarse cabo nosa. E non foi o primeiro.

-Non terremos cabeza, e ti podes presumir da túa.

-Fun testemuña doutras dúas mortes. Por que pensades que quero marchar?

-Non gustas da nosa presenza. E ti que dis?

-A min deixádeme en paz.

-Vaites! A outra descabezada a darse importancia.

8F66.tmp-Non soporto os mortos. E non un nin dous senón tres defuntos até o de agora.

-De seguires a falar de crimes vouche coller carraxe.

-Niso non che podo axudar.

-Agarda un par de días e lévame contigo.

-Síntoo. Eu voume, non agardarei polo próximo morto.

4 comentarios en “Conversas de escaparate. Unha de mortos

  1. Na casa non se está nada mal se a casa e acolledora e os seu habitantes son boa xente. No que non concordo de vez coa boneca é na aceptación de que os de cara de santos son os peores. Hainos bos e mesmo moi bos. Téñoo comprobado.
    Recibida a forte aperta de avoa. Outra de volta.

  2. Os de cara de santos son os peores: os outros vense vir. Deus nos salve deses desalmados que quitan a vida a unha persoa polo só feito de molestarlle a súa presenza de mendigo.

    Non sei que dicir do cárcere d’ouro… Para min non hai nada como a liberdade. Aínda que, ben mirado, agora que o comprobo por necesidade, na casa non se está nada mal.

    Un castísimo abrazo de avoa.

  3. Esa que quer fuxir do escaparate e unha parviña, co ben que está ahí, só ollando para quen pasa, sen outras obrigas que facer e sen estar á intemperie como están outros. Eu nin por todo o ouro do mundo deixaría ese posto. Estar sempre impecable dentro desa vitrina. Aínda que pensándoo ben, ninguén me ofreceu nunca todo o ouro do mundo…
    De todas maneiras eu sigo pensando que con ese afán de fuxida non gaña nada.
    Están as tres máis chulas que un oito, como se sole dicir sin aclarar o porqué da presunta chulería dese número oito.
    Si as compañeiras non viron nada, eu penso que eso dos asasinatos é unha excusa coma potra calquera. Non o pensas así, Fidel ?

    ANA LA GALANA sabe facer moitas EcUAcIÓns.

    Moitos castos biquiños, póis non sendo en forma concreta e palpable, aínda son máis castos.

    1. Máis castos, é iso posible? Vai ser unha carga en exceso de castidade. Todo sexa pola limpeza. Velaí as descabezadas sen poderen bicarse. De saír da vitrina supoño que andaría como a galiña sen cabeza a dar tombos pola horta adiante.

      O SER PRESO no OUtEIrAl
      Saúde.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *