Arquivo da categoría: Viaxes

Gary Snyder: A práctica do salvaxe (II)

gary3Gonzalo Trasbach. Marzo de 1997. Sentado na mesa comunitaria da súa casa, aló en Kitkitdizze, recibiu a terrible noticia do cancro de Allen Ginsberg. Relatan os que o visitan que, pese a que os anos o afogan un pouco, conserva o paso firme e mantén unha aura benigna, coma o clima da terra que habita e á que se sente atado. Foron os poetas que sobreviviron ao renacemento de San Francisco a finais dos 50 e principios dos 60 os que inventaron unha marca de éxito. Identificóuselles filosofías e estilos de vida moi atractivos para os medios de comunicación e o mundo académico. Gary ficou fóra deses círculos. O discurso da simplicidade (vivir voluntariamente en espazos salvaxes) non era fácil de “vender”. Seguir lendo Gary Snyder: A práctica do salvaxe (II)

Gary Snyder: A práctica do salvaxe (I)

gary1Gonzalo Trasbach. Trece de agosto de 1956. Navegaban barcos na noite. Facían soar con insistencia as súas sirenas e os homes daban berros sobre as súas cubertas. Buscaban un eco, unha referencia. Avanzaban ás cegas. Un manto de densa néboa agochaba o mar. No porto, as mulleres contestaban, entre prantos, golpeando con paus tarteiras, caldeiros e outros aveños. Nós, asomados ás fiestras das nosas casiñas, chorabamos, chiabamos e chamabamos por nosas nais e pais. Seguir lendo Gary Snyder: A práctica do salvaxe (I)

American Smoke, de Iain Sinclair

americansmokeGonzalo Trasbach. America Smoke. Viajes al final de la luz é a segunda obra de Iain Sinclair traducida ao castelán. Tamén é a segunda que cae nas miñas mans. A primeira chegoume o ano pasado baixo o título La ciudad de las desapariciones, de cuxa tradución se encargou, como neste caso, Javier Calvo para o mesmo selo, Alpha Decay. Así pois, aínda que leva publicando dende a década dos setenta do pasado século, o autor británico nado en Gales (Cardiff, 1943), pero afincado en Londres, é máis ben pouco coñecido, e poida que recoñecido moito menos, entre nós. Este escritor e realizador de cine estivo dende os primeiros pasos da súa traxectoria vinculado á vangarda británica. Seguir lendo American Smoke, de Iain Sinclair

Viaxe á última Revolución, de Xerardo AgraFoxo (II)

viaxe-a-ultima-revolucionAntonio Piñeiro. A literatura de viaxes ten esa dobre valencia da estadía narrada e da transportación que o lector experimenta ao lela. Adoitamos opinar que a literatura de viaxes acolle algúns dos mellores referentes da literatura universal. Xerardo AgraFoxo sábeo e decide espremer desta volta as posibilidades do xénero nun escenario quizais propicio coma ningún: o espazo cubano, definido tantas veces -algunhas delas recollidas tamén no libro- xeograficamente coma o paraíso. Xerardo transpórtanos ao espazo e ao tempo por medio dunha crónica que non queda nesas dúas cousas, senón que vai tamén ás paisaxes humanas, ao pensamento das xentes Seguir lendo Viaxe á última Revolución, de Xerardo AgraFoxo (II)