Alberto Piñeiro. Foi co espertar que vin xustificada na súa totalidade a nosa aventura. Yuruaní era o púlpito por onde agromaba o saúdo matinal de Apolo. Saín do chinchorro sen perder de vista o tepui e mergulleime no río do que falara Teodoro. O seu fondo areoso fíxome acordar o pozo da Armada, ou o mesmo curso de auga cando é atravesado pola ponte de Xián ou cando rega as brañas de Magaláns, ou tamén as pozas que forma o futuro Brea no lugar que non de xeito casual se chama Porto da Area, preto de Valiño. Seguir lendo Un barbancés na Gran Sabana (III)
Arquivo da categoría: Viaxes
Un barbancés na Gran Sabana (II)
Alberto Piñeiro. Apenas tardamos unha hora en chegar a Las Claritas e outros corenta e cinco minutos en subir a costa do Bosque Nublado, que deixaba no ar impregados sutís aromas que arrecendían á carballeira de Sabuceda, para acadar a chaira da Gran Sabana, onde as palmas substituían os piñeiros e os bejucos ascendían como silveiras infinitas as rumorosas copas dos monos capuchinos, en pequenas illas de bosque concentradas en cavorcos e vales. Seguir lendo Un barbancés na Gran Sabana (II)
Un barbancés na Gran Sabana (I)
Alberto Piñeiro. De non ser pola altitude, superior aos 1.400 metros, a presenza de tribos indíxenas, a ausencia de mámoas e a súa inmensidade, mesmo diría que a Gran Sabana ten unha certa semellanza coas Chans do Barbanza, incluída unha liña de alta tensión que atravesa o territorio ao longo da estrada que percorre a meseta dos pemóns ata Santa Elena de Uairén, cidade próxima á fronteira co Brasil. Seguir lendo Un barbancés na Gran Sabana (I)
Cigania
Agustín Agra. Este pasado verán percorrín Polonia cun coche alugado. A viaxe levoume ata Tarnow, unha pequena cidade de trazado medieval próxima á Ucraína. Alí atopeime cunha pequena exposición -apenas cinco salas e un patio con outros tantos carromatos- que, nun primeiro intre, non me pareceu máis ca unha simple curiosidade: un museo dedicado aos ciganos; o único dedicado a esta etnia en toda Europa! As novas sobre os ciganos aparecen acotío nos xornais; ora en Suecia, ora en Hungría; tamén en España. Seguir lendo Cigania