Román Arén. Carlos García-Romeral Pérez é un dos grandes especialistas hispánicos en literatura de viaxes, e produto diso son as súas bibliografías de viaxeiros dos séculos XVIII, XIX e XX publicadas en Ollero&Ramos. Teño hoxe na man a Bio-bibliografía de viajeros españoles (199-1936), que inclúe obras de viaxeiros de preguerra en todas as linguas do Estado, con 1137 libros ou artigos desa temática, e na que están presentes, naturalmente, uns cantos galegos: R. Artaza, Julio Camba, Sofía Casanova, Alvaro de las Casas, Emilio Fernández Vaamonde, Ramón Franco, Miguel Gil Casares, Prudencia Iglesias Hermida, Otero Pedrayo, Federico Pita Espelosin, Jaime Quiroga, Rey Soto e algún outro. Seguir lendo Viaxeiros de preguerra
Arquivo da categoría: Viaxes
De literatura australiana
Miguel Mariño. Que sabemos da literatura australiana? Eu, ben pouco, se é que existe unha literatura australiana “per se”. Os que saben din que o illamento e o “rexionalismo” condicionaron a súa historia literaria, con magníficas descricións paisaxísticas, pero sen proxección internacional, a non ser nos autores que se integraron na literatura da metrópole, é dicir, Gran Bretaña. Na miña memoria aboian dous nomes: Patrick White, o premio Nobel, e o narrador Morris West, si, o autor d’As sandalias do pescador e d’O avogado do demo. Seguir lendo De literatura australiana
A locomotora china
Xerardo AgraFoxo. As plataformas están ateigadas. Todos pretenden achegarse á capital. A funcionaria da estación amosa unha actitude noxenta. “Bienvenidos a nuestra Estación”, reza o cartel que preside a porta da entrada. Ninguén se atreve a protestar polas ofensas recibidas. Os viaxeiros pertencen ás capas máis desfavorecidas da sociedade. O tren é a maneira máis lenta, pero máis económica para viaxar. Seguir lendo A locomotora china
Resolver
Xerardo AgraFoxo. A cartilla é cada ano máis feble, apenas alcanza unha semana. Os máis desfavorecidos estírana varios días. Consumir fóra deste circuíto é cinco veces máis caro. Nesta situación límite, a maioría aproveita as fendas que se lle ofrecen para resistir. Un exército de vendedores invaden acotío as rúas para ofrecer os produtos máis insospeitados. Algúns venden bolsas de plástico. Seguir lendo Resolver